Pura y Fachada

Pura y Fachada 1
Pura y Fachada 4

ser, estar, parecer:atributos do verbo artístico

“ser, estar, parecer:atributos do verbo artístico” é un proxecto que entende a linguaxe verbal coma o marco que define as relacións interpersoais e os patróns de comportamento establecidos. Por este motivo, darémoslle a volta a esa mesma verbalidade para convertila nunha ferramenta ó noso favor. Partindo sempre dende o lúdico (e pasando máis das veces pola ironía e o humor agre), propoñemos cambiar os atributos que se nos presupoñen ás artistas, xogando coas polisemias e subvertindo os significados habituais de expresións e frases feitas, algunhas ligadas ós procesos artísticos. O obxectivo: normalizar, “cotián-izar” e limpar de concepcións arcaicas e clasistas o que se entende por arte contemporánea.

Pura y Fachada

Somos Sara (Málaga, 1993) e Eva (Wetzikon, 1997), dúas artistas novas -e quizais ata emerxentes- que se xuntaron para formar unha colectiva de arte de acción e outras etcéteras: Pura y Fachada. Dende marzo de 2021, xogando e danzando falamos e descontextualizamos linguaxe e convencións sociais, xénero, descentralizacións necesarias, e arte-precariedade.