JAUJA
J a u j a , unha investigación escenográfica co espazo coma detonante e suxeito principal que busca crear sinerxias dentro e fora das escénicas con atención a beleza do proceso e o erro.
Carmen Triñanes & Laura Iturralde
Carmen Triñanes
Titulada Superior en Deseño de Moda polo IED Barcelona e en Arte Dramático na especialidade de Escenografía no Institut del Teatre, Barcelona.
Buscando unha formación multidisciplinar e internacional, realiza un Erasmus no departamento de cine e escultura da AALTO University en Helsinki, Finlandia, e un Erasmus Practicum na Escola superior de arte ZhdK de Zürich, Suíza no que realiza o seu traballo final de grado cunha combinación de cine e circo/teatro.
Traballou como asistente de vestuario para o diseñador barcelonés Chu Uroz en diferentes producións da compañía La Fura dels Baus en casas da ópera como a Staatsoper de Munich, a Oper Köln de Colonia, o Teatro dell'Opera di Roma ou a Arena di Verona.
Traballa durante 3 anos na compañía VOADORA coma asistente de escenografía, escenógrafa, vestuarista, rexidora, directora técnica e realizando múltiples tareas coma o deseño gráfico, a xestión de redes a dirección de arte ... chegando a participar coma intérprete no espectáculo GARAGE no Centro Dramático Nacional.
Colabora coma vestuarista e escenógrafa con diversas compañías coma a Cia. Ça Marche ou AntesCollado.
En Galicia tamén colaborou con compañías como Teatro en Vilo, Pálido Domingo ou Diego Anido.
Dende fai máis de 10 anos leva combinando o seu traballo nas artes escénicas con diferentes proxectos audiovisuais, tanto en Galicia, Barcelona, Madrid ou Zürich como vestuarista e directora de arte en videoclips ou ficción (con Fuel Fandango, Baiuca, Lucía Estévez, Aldara Pagán, Adrián Canoura, Cesar Souto, Guille Vázquez…)
Na actualidade centra o seu traballo na búsqueda de sinerxias entre as artes escénicas e o cine así como de métodos de creación escénica, escenográfica e artística máis sostibles.
Laura Iturralde
Traballa como iluminadora, escenógrafa e videocreadora con múltiples compañías de teatro e danza como A Quinta do Cuadrante, Centro Dramático Galego, Licenciada Sotelo, Incendiaria, Cía Borja Fernández, Brigitte Vasallo, Pálido Domingo ou o espectáculo Fariña. Participa tamén en proxectos musicais como iluminadora e videocreadora con artistas recoñecidas no panorama nacional e internacional como Mercedes Peón ou en formacións como Banda Crebinsky, Margarita Mariño, Sumrrá ou Pálida. Desenvolve tamén o seu traballo máis persoal nos proxectos de música con visuais como Corvax e en instalacións como Centinela.
Explora desde 2016 a liña do ao vivo cinema e as visuais a tempo real a través de cámara en vivo participando con proxectos como Lorca Namorado, Vesalii Icons do TAC, Trilitrate e Nostoc.
Combina a súa actividade en artes vivas coa docencia, impartindo en diversas entidades cursos vinculados á creación de videoescena e á iluminación para espectáculos e exercendo de docente de Iluminación de maneira temporal na Escola de Arte Dramática de Galicia.