Perder a lingua
Residencia artistica en Danzahunea
do 8 ao 11 de novembro
Mostra aberta o día 15 no festival Labo
Perder a lingua é o nome do proxecto do que forman parte Rubén Fernández (músico), Eva Antelo (artista plástica) e Eva Comesaña (bailarina).
Trátase dun proxecto escénico transmedia, onde a danza, a música e as visuais acompañan ao movemento e narrativa desta peza de artes escénicas.
Pretende ser un espectáculo de de longa duración pensado para salas e teatros.
Trata da fala a través dos sons, o corpo e das imaxes. Un idioma é máis cás súas palabras e pronuncia. Un idioma garda historia, territorio e comunidade.
Garda os tempos que (sobre)viveu, garda a memoria da lingua da que naceu, garda o coñecemento do entorno e a denotación de todo aquilo que cabe na paisaxe, garda o cosmos social de todas as persoas que a habitaron e nutriron.
Un idioma tamén implica xestualidades e entoacións que complementan o acto comunicativo, musicalidades e músicas propias que serían distintas se distinto fose o idioma.
O eixo central da nosa investigación e creación é estudar as diferenzas da lingua galega dentro do territorio, facendo a comparativa coa a paisaxe, os sons que alí suceden e como isto afecta á comunicación (verbal, xestual e sonora) entre persoas.
Este proxecto parte da investigación de Eva Antelo na residencia A Casa no Alto, Camelle onde a través de espectrogramas (que estudan a prosodia e sonoridade da lingua), analiza a tonalidade e compara o debuxo que isto fai coa paisaxe do entorno
A partir de ahí, se xunta con Eva Comesaña e Rubén Fernández para nutrir esta idea con movemento e música, e así crear unha narrativa e dramaturxia que segue en proceso de creación.
Mostrouse no Espacio Escénico DT, Madrid e en A Artística de Vigo como proceso inconcluso e estivo en formato pitching no Galicia Escena PRO.
Eva Comesaña
Bailarina, creadora, docente, activista e xestora cultural.
Como creadora, formou parte da compañía de danza e música Beehive coa creación de pezas como "Tiembla", "Who you calling a bitch" e "Benraiz".
Colaborou en videos musicais e video-danza dirixidas por artistas destacadas coma Lucia Estévez, así como en creacións propias coma a peza "Dentro de min", "O Lavadoiro", performance de rúa xunto a bailarina Marcia Vázquez e o solo de danza "TerraFIRME".
Formou parte do grupo de experimentación e impro Sinerxias que mezclan música en directo, poesía, voz e danza nun proceso de creación a través da improvisación; do colectivo Grupo F, grupo de poesía e música, creando la pieza "Campo de batalla"; da compañía de danza Lapuesta xunto a Vanessa Lozano, bailarina venezolana e Lorena Varela, actriz e bailarina viguesa, coa peza "Lume Sutil".
A súa pasión polo arte vai máis alá, sendo co-fundadora da asociación 85C, colectivo feminista de artistas galegas que visibilizan o arte reivindicandoa a través de eventos, festivais, encontros e formacións en diferentes feminismos. É programadora e creadora dos proxectos Macarena War, Teatro Gorrila, Ciclicka , Chimpa Party e Solos que danzan.