604043-Illa de San Simón

No ano 2023 facemos realidade o desexo de ampliar o Encontro Paraíso 2023 co desenvolvemento de varias residencias de investigación na propia illa nas semanas anteriores á convivencia. Mikel Aristegui é un dos artistas que habitarán a illa, para desenvolver un site-specific titulado 604043-Illa de San Simón.

60 anos dende que fose refuxio de nenos órfãos da marina.
40 días de corentena que debían gardar os barcos que viñan das Américas en 1838 e durante case 1 século.
43 viaxeiros do Monchita, moitos da garda do caudillo, que morreron afogados de camiño á illa en 1950.
Entre 1936 e 1943, pasaron pola illa ata 6.000 presos retidos en condicións inhumanas. Os seus primeiros habitantes foron os monges benedictinos no século X coa súa vida anacoreta "Ora et Labora".
A Oración e o traballo é o que moitos artistas practican nos seus confinamentos en forma de "residencia artística"; nesta ocasión, a oración é ese espazo no que dunha maneira ou doutra nos comunicamos cos que xa non están aquí.
Seguindo os procesos de creación semellantes a Unerwartet/Ezustekoa, dúo con Jose Maria Arístegui sobre o fusilamento do seu avó Xulián e Araotz-Vida e morte, como investigación coreográfica sobre o seu ADN e os movementos migratorios da súa familia; Mikel traballará co seu corpo como catalizador da historia vivida ao longo dos anos máis escuros e esperanzadores da Illa de San Simón.
Porque falar do pasado e recordar o sucedido marca unha diferenza na historia e no presente dos que estamos.

Mikel Aristegui

Mikel Aristegui

Nado en Donostia, despois de 30 anos como bailarín profesional e coreógrafo en Europa, principalmente en Alemaña, establece a súa residencia en Galicia, onde tenta resetear e reenfocar a súa carreira artística fóra do sistema competitivo. Crea SIL Produccións-Artes en Movemento e céntrase en tarefas sociais e pedagóxicas, sobre todo en áreas rurais e con colectivos de distintas capacidades. No 2022 recibe unha axuda á creación coreográfica do Goberno Vasco, o que lle permite, por primeira vez na súa carreira, centrarse nun traballo de investigación, cuxo froito é "Araotz-Vida e morte".