Alba Casas & Adrian Riveiro

Imaxe Alba Casas & Adrian Riveiro

Lobes Salvaxes

Lobes Salvaxes é unha investigación situada que medra no seo da tese doutoral de Alba Casas e que se transforma dende a colaboración co artista Adrian Riveiro. Adentramonos no imaxinario do salvaxe e do monstruoso dentro da nosa cultura galega a partir figura do lobo e da licantropía, abordando unha simboloxía disidente que subvirte a historia oficial e propón unha mirada crítica e emancipada fronte á norma.

Nun tempo de disciplinamento dos corpos e das identidades, os lobos/lobas/licántropxs emerxen como metáfora dun desorde necesario. Seres que desobedecen as lóxicas binarias de sexo e xénero, corpos que resisten ao intento de domesticación e control. A súa presenza convírtese nunha ferramenta para pensar a disidencia sexual e de xénero en Galicia: un mapa de violencias e tamén de resistencias.

Durante a nosa estadía nas Residencias Paraíso buscamos construír unha xenealoxía especulativa, unha deriva escénica que atravesa a teoría e se ancla na cultura oral. A través da performance, o videoarte e a paisaxe sonora, imaxinamos novos relatos lobeiros, abrindo espazo para un conto colectivo e mutante, entre o real e o fantástico.

Un proxecto multidisciplinar que habita os marxes e propón unha nova estrutura de sensibilidade: salvaxe, queer e desobediente.
 

Imaxe Lobes Salvaxes

Alba Casas & Adrian Riveiro

Alba Casas é unha artista multidisciplinar e investigadora pre-doutoral con base en Galicia, España. Naceu nas Neves, unha aldea situada na brumosa fronteira con Portugal. Cun forte vínculo co territorio, medrar como persoa queer nunha paisaxe rural marcada por fronteiras políticas, sociais e xeográficas acabou por moldear o seu camiño.Vivir entre límites alimentou a capacidade de Alba para cruzar disciplinas, conceptos e xeografías, dando lugar a unha práctica híbrida que disolve os límites tradicionais. O seu traballo rastrexa corpos e seres que desafían as ordes impostas no contexto galego, detectando as fendas das lóxicas hexemónicas binarias para redefinir a realidade. A través da entrelaza entre a creación artística e a investigación académica, busca elevar o cotián, configurando novos espazos rurais, colectivos e redes de solidariedade. Alba Casas emprega técnicas audiovisuais e instalacións para capturar o entorno, honrando a súa esencia mentres procura momentos de transformación. Como investigadora, publicou traballos en revistas como Re-visiones (Ediciones Complutense), Mazarelos e coa editorial Holigráfica. O seu traballo tamén foi presentado en diversos congresos nacionais e internacionais sobre estudos iberoamericanos e disidencia sexual. Como artista, os seus proxectos foron expostos en espazos como o MUA durante a IV Bienal de Artes Visuais, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e o Círculo de Belas Artes en Madrid.

Adrian Riveiro. Antiacademico e autodidacta, crea entornos visuais e sonoros fora dos circulos academicos contribuindo ca universalización das perpectivas artisticas contemporaneas en zonas non englobadas nos espazos combencionais do arte. Esta perpectiva levao a crear entornos coma "Os Padrosos" un espazo asociativo que mistura o videoarte, as salas inmersivas, e os entornos sonoros con un entorno rural e alexado das urbes.Traballa con persoas non autorecoñecidas como artistas e musicos para dende unhas visión que recoñecible na liña das lóxicas "Art Brute" , onde se poidan expresar sen categorias nin roles predefinidos. Esta liña de pensamento e metodoloxia leva a crear agrupación tales como "Adios Manuel" que mestura a electronica cos ritmos tradicionais, " -FURADA- " un grupo dedicado a renovación de autores e visión da poesía nacional ou " φilevo " un proxecto que fusiona a música alternativa con conceptos da filosofía contemporánea. En todos eles dáselle un especial valor ao caracter rural dos seus membros para recoñecer así como dende o rural se producen discursos filosoficos enraizados con unha cotidianidade vital.