Sinte
Residencia | 13–24.05.2024 | Vello Cárcere de Lugo
Mostra aberta | 24.05.2024 | 20.00 h | Vello Cárcere de Lugo
Sinte é un proxecto coa música como catalizador, a palabra como xogo e o baile como liberación. Unha viaxe desde a fraxilidade para desarmar as corazas coas que nos movemos polo mundo e celebrar que todas somos seres sensibles vibrando en frecuencias diversas. Cris Balboa relata con paixón o seu conflito co mundo que nos rodea desde un punto de vista singular e persoal, buscando influir nos estados de ánimo colectivos a través da música electrónica. Sinte proponse como un lugar de expresión nunha sociedade cada vez máis afeita á frialdade das transaccións económicas, desbordada pola velocidade terminal que nos fai menos conscientes da nosa realidade.
O que segue
O que segue son eu que o sigo intentando, soñando que conseguirei satisfacer completamente a miña necesidade de comunicación. Non pode existir sen a música nin as miñas disertaciones sobre a realidade. É un acto de resistencia escénica a través da composición musical, o vídeo, a danza, un relato feroz do cotiá e as miñas contradiccións entre a arte e a vida”.
Cristina Balboa
Creadora galega que ten como motor a presentación escénica do absurdo cotián na procura dun diálogo xeracional onde a palabra, a acción, a danza, o audiovisual e a música mesturánse na súa proposta artística. Investiga sobre a posibilidade de transformación social e persoal que ten a arte atravesando a súa obra con elementos narrativos que basculan entre a ironía, o humor, o hedonismo ou mesmo a desesperación. A base de súa escritura é o autorretrato e a autoficción como formas comunicativas que buscan xerar un sentimento de identificación co espectador para reflexionar sobre o xeral dende o cotián e poñendo o seu corpo e experiencia como centro da dúbida do que somos.