Microspectivas dun marica millenial
Nas Residencias Paraíso, iniciamos o proceso de investigación e de creación do espectáculo "Microspectivas dun Marica Millennial".
Durante 3 semanas traballamos de xeito intensivo para xerar todo o material posible que despois serviría como base para elaborar a dramaturxia final do espectáculo. Estudamos así, o movemento da memoria, a fisicidade da voz, a musicalidade da luz, a creación das atmosferas sonoras, do espazo escénico, a corporalidade das ideas e das referencias e das nosas referentes.
Davide González / Incendiaria
Davide González
Durante anos atopeime baixo premisas e pautas ríxidas que limitaban a posibilidade do propio movemento. Vital e artístico. Dende hai un tempo busco a ruptura, a confrontación cos xéneros e a hibridación dos mesmos. Decidín iniciar unha viaxe de investigación artística coa “búsqueda contínua” como destino último. Unha búsqueda no contexto das artes do movemento e das artes vivas.
Aprendendo a saber quen son. Cuestionando os límites. As crenzas. Os dogmas.
Danzando cos sentidos. Desde a máis sincera honestidade. Como creadora e como identidade.
Incendiaria
Incendiaria é unha plataforma artística, formada por Vanesa Sotelo e Davide González, que nace en 2014 e que fundamenta o seu traballo na investigación e na creación escénica contemporánea. No 2016, emprenden un laboratorio propio de creación e investigación do que xurde a peza "Contramateria". No 2018, Incendiaria estrea a súa primeira montaxe profesional, "Eila". En 2020, Incendiaria, apoiada polo Colectivo RPM a través das III Residencias Paraíso (2019), estrea "Microspectivas dun Marica Millennial" en coprodución co CDG. A montaxe acadou 4 nominacións e foi gañadora de 2 dos premios María Casares: Mellor Texto Orixinal e Mellor Actor Protagonista.
Actualmente, Incendiaria e A quinta do Cuadrante, levan xuntas a escena o espectáculo "A lúa vai encuberta". Premio do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.