Fran Rodríguez & Brais Pombo

Imaxe Fran e Brais

Do outro lado

Do outro lado é un proxecto de investigación escénica sobre o ecoloxismo, a comunidade e a súa descomposición no rural, que conta coa colaboración do colectivo Memoria e Cinema e coa compañía de teatro Mevadeus.

A canteira que abriu o monte de Traspielas é o símbolo do que parten para profundizar nas consecuencias que esta ferida ten dende o máis persoal ata o máis global, reflexionando sobre o concepto de habitar nun sentido amplo, poñendo o corpo e o audiovisual como ferramentas de traballo. Do outro lado indaga en cómo o capitalismo se introduce na clase campesiña, desfacendo a comunidade e a súa capacidade de autosuficiencia para converter a esas persoas en entes individuais que entran a ser produtores e consumidores no mercado, invitándonos a reflexionar sobre a nosa forma de habitar o mundo na actualidade.

imaxe Do Outro Lado de Fran Rodríguez & Brais Pombo
imaxe Do Outro Lado de Fran Rodríguez & Brais Pombo
imaxe Do Outro Lado de Fran Rodríguez & Brais Pombo
imaxe Do Outro Lado de Fran Rodríguez & Brais Pombo
imaxe Do Outro Lado de Fran Rodríguez & Brais Pombo

Fran Rodríguez & Brais Pombo

O traballo de Fran Rodríguez céntrase na interacción entre o corpo e o entorno, usando como soportes o cine, a fotografía e o son. Móvendose nas fronteiras dos xéneros artísticos e cunha noción dun campo expandido das prácticas artísticas nas súas intervencións que empregan dende material de arquivo ata a súa propia metraxe. Actualmente está realizando a súa primeira longametraxe, Da túa man para a miña, xunto con Coral Piñeiro, e coa produtora Miramemira.

As súas obras puideronse ver en diversos eventos e festiváis como os Encontros da Imaxe, Festival Internacional de Fotografía e Artes Visuais en Braga (PT), Paisaxe_0 de Poligonal Colectivo na Galería Metro, XIII Premio de artistas novos no Auditorio de Galicia, ou no Festival Ffoco da Coruña. Participa no X Encontro de Novos Artistas na Cidade da Cultura de Galicia e no ano 2022 recibe unha residencia artística nas Illas Aran en Irlanda para realizar un proxecto fotográfico no arquipélago BirdSong, da man de Stills&Motion.

Brais Pombo naceu en Fornelos de Montes (Pontevedra) en 1999. É actor, performer e músico formado en interpretación xestual na ESAD de Galicia e na Janácek Academy of Music and Performing Arts en Brno, República Checa.

O seu proxecto musical Faíscas gaña o Primeiro Premio no Xuventude Crea de Música 2022.  Forma parte da compañía de teatro físico Mevadeus, gañadora do Primeiro Premio Xuventude Crea de Teatro 2021 coa peza Agro 5G, e con Outrora Nós gañan o Terceiro Premio a Espectáculo Mellor Valorado polo Público da programación VigoCultura 2022.

Realizou prácticas como performer na compañía belga de teatro físico Troubleyn Jan Fabre e formou parte do elenco do espectáculo When are we? no Buran Teatr, República Checa, e no espectáculo de danza contemporánea Masks dirixido pola coreógrafa Ursula Terzan.