Hugo Torres

Imaxe Hugo Torres

Bahía Botánica

Dentro dos Cruceiro Paraíso 2023, Hugo Torres viaxará até o Convento São Bento dá Vitória en Porto, edificio pertencente ao Teatro Nacional São João. Este Cruceiro implicará a continuación do traballo en proceso Bahía Botánica. A residencia artística centrarase no traballo creativo co iluminador Portugués Nuno Meira.

Bahía Botánica baséase en que, a través de sensores que transforman a pulsación electromagnética das plantas en sinais midi que se poden interpretar por instrumentos de música electrónica, pódese tocar con plantas música en directo. Con este Cruceiro, a idea é sumar unha capa máis ao proxecto, utilizando o mesmo principio de comunicación coas plantas, para que estas controlen as luces tamén.

Durante varios días Hugo Torres xunto a Nuno Meira, traballarán  no deseño de luces do proxecto e tamén na integración das luces coa música. O obxectivo é investigar como chegar a esa integración de luces e música e transformar o proxecto nunha peza que poida operar de forma completamente autónoma.

Imaxe Bahía Botánica

Hugo Torres

Hugo Torres é actor, músico, compositor e director artístico. Comeza a súa traxectoria aos seis anos na compañía Trigo Limpo de Tondela. Nos anos noventa trasládase a Oporto donde se licencia en Teatro/Interpretación na ESMAE (Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo). Dende 1996 e ata o 2006 forma parte do elenco estable do Teatro Nacional São João de Oporto. A inicios do 2000 trasládase a Barcelona a estudar cine no CECC e dende 2007 vive en Santiago de Compostela onde funda a compañía Voadora da que foi director artístico con Marta Pazos ata o seu peche no 2022. Conta cun Premio María Casares XVII á Mellor Música Orixinal por Tokio3.