Pupa, pupita, pupila. Un masaje de la visión.
Espazo RPM acolle no seu programa de outono 2026 á coreógrafa vasca Idoia Zabaleta coa súa obra "Pupa, pupita, pupila. Un masaje de la visión", unha acción performativa individual con forma de masaxe no que o teatro aparece no fondo das pálpebras.
Pides cita, chegas ao lugar e recíbete unha persoa, convídate a deitarte nunha padiola ao lado dunha mesa con pequenos obxectos e algunha pastilla. Que se fai calor, que se unha manta, pídete que deixes caer os ollos, que os abandones no fondo do cranio e que lle ofrezas as pálpebras. Claro, é un acto de xenerosidade e disposición á aventura. A partir de aí, apáganse as luces e comeza unha masaxe singular que che recorda que nos soños continúas vendo. A masaxe durará unha hora, o teatro tamén, o soño, porén, será máis breve. Para entón teremos chegado a porto.
Sesións
2 quendas de 20 masaxes cada unha.
Primeira quenda: 15, 16, 17 e 18 de outubro
Segunda quenda: 28, 29, 30 e 31 de outubro
A proposta da propia artista, nas sesións en Espazo RPM existirá unha economía do agasallo. Durante unha primeira quenda, os días 15, 16, 17 e 18 de outubro, as persoas accederán á obra mediante inscrición previa. Neses días, ao rematar a sesión individual, cada unha será convidada a pensar noutra persoa á que agasallar cunha masaxe da visión, que poderá recibila durante a segunda quenda, os días 28, 29, 30 e 31 de outubro. Así, cada masaxe contén a posibilidade doutra masaxe, cada corpo a invocación doutro corpo e cada persoa a visión doutra persoa. Agasallarnos unhas ás outras.
Inscricións
https://forms.gle/GPWp15e7WMPWcG898
aportación mínima suxerida: 12€ / masaxe
doazóns RPM: https://www.colectivorpm.gal/gl/doazons
Pedirémosvos que vos quitedes os zapatos.
Créditos
Masaxistas: Idoia Zabaleta
Voces: Camila Tellez, Miriam Inza e Ainara Legardón
Escoítase The Most Dramatic Panda EVER de M. Benito e An acoustic balad de Ode Aseguinolaza do álbum Stolen Voices
Agradecementos: Rebecca Collins, Leticia Morales, M. Benito, Karlos Martínez B. e Pablo Marte
Residencias de creación en Azala, EiMa, L´animal a l´esquena e Casa Vella
Duración da masaxe: 65 minutos.
Idoia Zabaleta
Coreógrafa. Na Facultade de Bioloxía especializouse en ecosistemas e dinámica de poboacións. Estuda nova danza e improvisación nos anos noventa. Desde o 2000 crea o seu propio traballo e desde 2008 constrúe e codirixe o espazo de residencias artísticas Azala, situado na aldea onde vive ao sur de Álava, Lasierra. Desde 2019 forma parte do equipo editorial de Borradores del futuro, unha colección de fábulas que imaxinan o futuro a partir de experiencias concretas. En 2023, a cooperativa de artistas Tractora publica Foku 2, unha mirada sobre a súa traxectoria artística. En 2024-2025 é artista asociada a Azkuna Zentroa.