Octopus to the party
Nunha sociedade post e semi-confinada, onde a festa tal e como era concibida deixou de existir, ou como moito practícase de forma virtual, as prácticas artísticas que xorden naturalmente nestas contornas non presentes foron suplidas por outras máis individualistas, introspectivas e planificadas. A arte de tradición occidental, xurdido das relacións socio-afectivas, parece estar en crise, ou polo menos en stand by.
Quizá as novas regras de xogo inflúan para sempre na nosa maneira de relacionarnos, de vivir a arte ou de entender a festa. Pode que o rumbo das manifestacións artísticas colectivas tendan a reducir o grupo, asumir certos comportamentos, manter distancias, reducir o contacto físico ou a ocultar o rostro.
Pode que as tecnoloxías teñan un papel fundamental dentro de todo isto. Pode que despois de todo teñamos que construír novas estruturas físicas-mentais para entender o territorio colectivo.
A necesidade de producir este proxecto vén dada entón pola procura colectiva de espazos de encontro onde se dea lugar á utopía, á completa liberdade de acción artística, para romper co individualismo e o illamento no que nos vemos inmersos polo actual contexto xeopolítico e a situación de pandemia.
Octopus to the party, preséntase como un proxecto aberto de carácter experimental en fase cero. A intención é crear un lugar de encontro, celebración e diálogo entre as nosas distintas investigacións relacionadas coas novas linguaxes plásticas, corporais e sonoras contemporáneos, vinculados co espazo de creación, concibido este como un territorio abstracto e incerto que baila entre o que entendemos por estudo/taller, por escenario e por contorna.
Octopus to the party
Colectivo artístico formado por Patricia Jorganes Villanueva, Elena Matamoro Gómez de los Infantes, Julio Catalán Rubinos e Andrea Otero Vázquez.
Este grupo diverso de artistas naceu coa idea de explorar o territorio incerto desde o xogo e a improvisación en múltiples modalidades que se mesturan entre si, sen ter definidos uns obxectivos concretos de cara a o desenvolvemento físico do proceso.