Óscar Bueno Rodríguez

Óscar Bueno

La excitación del paisaje: conferencia montañera

La excitación del paisaje é un proxecto de investigación artística desde o que me propoño a paisaxe non como algo dado, senón como unha relación: a que se establece entre quen mira e aquilo que é mirado. Nese cruzamento, a paisaxe aparece como un campo de preguntas sobre a nosa relación co contorno.
Corpo, imaxe e son actívanse como ferramentas para desprazar esa relación e ensaiar outras formas de vincularnos co contorno. Non se trata só de mirar, senón de preguntarse que ocorre nese acto, que tipo de presenza produce e como pode transformarse.

Este proxecto nace do proceso de investigación La excitación del paisaje: La roca blanda, realizado nos Pireneos entre finais de 2025 e comezos de 2026. Trátase da Paisaxe nº4 e céntrase nas paisaxes que construímos coas montañas. Fronte á súa escala e á súa aparente inmobilidade, a rocha —dura, pesada— proponse como materia sensible: algo que pode escoitarse, rodearse, imaxinarse e incluso trasladarse. Tamén suavizarse: alterar o seu peso, desprazar a súa escala, abrila a outras percepcións. Mirala desde outros puntos de vista e achegala ao corpo.

O proxecto despregase en distintos formatos —encontros, materiais visuais e sonoros e un dispositivo escénico— e, nesta ocasión, toma a forma dunha conferencia expandida: un espazo onde a montaña tenta desbordarse, abrandarse e contarse.
 

Imaxe Óscar Bueno

Soundtrack

Imaxino un escenario. Imaxino unha persoa nese escenario. En silencio. Imaxino as persoas espectadoras mirando para esta persoa nese escenario. Imaxino a esta persoa movéndose. Imaxino a observación destas persoas espectadoras que están mirando. Imaxino que a persoa no escenario explica que cada movemento é un son. Imaxino que a persoa no escenario comeza a moverse de novo. Imaxino as mentes das persoas espectadoras comezando a soar. Imaxino a súa viaxe sonora. Imaxino que nese enorme silencio aparecen moitas músicas marabillosas, así que imaxino que xa non hai silencio.

Soundtrack é unha banda sonora e tamén é a banda sonora de si mesma. E ao mesmo tempo hai moitas bandas sonoras, tantas como persoas oíntes, tantas como “intérpretes” hai. Porque a persoa oínte e a persoa intérprete son a mesma persoa. A intérprete é a folla: unha folla que manipula moitas follas. Polo tanto, Soundtrack é a banda sonora de varias bandas sonoras escoitadas e feitas por múltiples oíntes/intérpretes.

En Soundtrack traballo coa idea de Sonidación. Unha palabra inventada a través dunha pequena deriva etimolóxica:

• Imaxe: do latín imago (retrato, copia, imitación).

• Imaxinación: do latín imaginatio. Significa “acción e efecto de formar unha figura mental” (unha imaxe). Os seus compoñentes léxicos son: imago (retrato), máis o sufixo -ción (acción e efecto).

• Sonido: do latín sonitus e significa “sensación de escoitar”. Os seus compoñentes léxicos son: sonare (facer un ruído), máis o sufixo -ido (calidade perceptible polos sentidos).

• Sonidación (Soundidation): acción e efecto de formar un son mental. Os seus compoñentes léxicos son: sonare (producir un son), máis o sufixo -ción (acción e efecto).

Óscar Bueno Rodríguez

Óscar Bueno (1985, Avilés, Asturias) é licenciado en Arte Dramático pola ESAD de Asturias na especialidade de Interpretación Textual, titulado en Grao Profesional de Música con especialización en Piano, e máster en Práctica Escénica e Cultura Visual pola Universidade de Castilla-La Mancha e o Museo Reina Sofía (Madrid).

A súa práctica móvese de maneira constante entre o performativo, o musical e o visual, de forma máis ou menos intencional. Defínese como creador e intérprete, pero tamén traballa acompañando procesos doutros artistas.

Para desenvolver a súa práctica, xera marcos de traballo o suficientemente amplos como para afondar en distintas preguntas desde múltiples puntos de vista. O primeiro gran marco desde o que traballou titúlase Sonidación (o acto de xerar son mentalmente). Dentro deste espazo de investigación desenvolveu as pezas Soundtrack (2017), Amarillo Chillón (2017), Estudios para sonidación 1 (2020), Estudios para sonidación 2 (2021) e Estudios para sonidación 3 (2022).
O segundo gran marco de traballo, no que actualmente se atopa inmerso, titúlase La excitación del paisaje. Nel regresa ao son e propón como, desde a música, a imaxe e a performatividade, é posible reflexionar sobre as nosas relacións coa natureza. Dentro deste marco desenvolveu as pezas Apoyatura (2023), estreada no festival TNT; Vientos (2023), estreada no festival Supernova do Centro Conde Duque; e Río (2025), estreada no festival Bosque Real e La roca blanda (2025–2026) en residencia co CDAN.

Desenvolveu tamén diversos proxectos colaborativos e educativos, como os Talleres Sinfónicos para Familias no CA2M e La Casa Encendida (xunto coa artista Itxaso Corral), así como distintos laboratorios de creación sonora e musical en colaboración con institucións como Graner, o Museo Thyssen Málaga ou o MACBA, entre outros.

Realizou residencias artísticas en centros como Graner, La Casa Encendida, Casa Wabi (Oaxaca), o Centro Cultural de España en México e as residencias Paraíso, e colabora habitualmente con artistas como Cris Blanco, Cuqui Jerez, María Jerez ou Anto Rodríguez.