Espai La Granja

Imaxe Espai La Granja

Espai La Granja é o espazo de recursos e mediación para a danza e as artes do movemento do Institut Valencià de Cultura.

Un centro de creación no que experimentar e desenvolver proxectos en relación co movemento, así como debater, cuestionar e reflexionar criticamente sobre a linguaxe e as posibilidades das artes performativas. Un espazo inclusivo, participativo e colaborativo, que se nutre da presenza, dos encontros e dos intercambios que se producen entre artistas locais, estatais e internacionais, nunha actitude de escoita permanente. Conta coa vontade de transmitir os saberes do corpo que xorden destas experiencias e do traballo procesual das artistas e dos artistas.

Espai La Granja desenvolve diferentes liñas de traballo para incidir no tecido creativo e profesional desde distintos contextos: creación, formación, proximidade e internacionalización.

Fóra dos contextos profesionais, pon en marcha programas de mediación, educativos e vinculados á contorna veciñal, nos que a danza invita a pensar, desde o corpo, as relacións coas demais persoas e co mundo.

En 2026 iniciamos unha colaboración cruzada entre Galicia e Valencia, a través do Encontro Paraíso Illa San Simón e os Cruceiros Paraíso.
 

Paula Quintas con CROIX