36 litros de gasolina diarios

Como comprender as trazas dun lugar suspendido no tempo e no espazo? Como camiñar cos espectros que habitan unha illa? As illas de San Simón e San Antón albergan unha memoria material sepultada baixo capas de tempo, salitre e violencia de estado. Unha memoria de difícil acceso na que se superpoñen diferentes historias de vida, narrativas e relatos sobre o que alí aconteceu a través de presencias ausentes que impregnan o lugar. En "El paisaje como imagen afectiva" Lucía Jalón lémbranos a importancia dos corpos e os seus encontros como oportunidades fructíferar para explorar as pegadas presentes nel. Unha memoria non plenamente verbalizada —cuchicheada, silencia, esquecida...— que xorde dun trauma, pero que fai corpo na illa a través de trazas, presencias, pegadas e signos. Unha memoria que pode ser articulada como unha imaxe afectiva onde cada traza axúdanos a comprender mellor a historia do lugar a través de corpos que, no seu camiñar, son afectados de igual manera por cada pegada e cada encontro. 

A través dun roteiro pola illa e unhas lecturas compartidas en voz alta de diferentes materiais proponse unha posibilidade de artellar ou ensaiar unha memoria colectiva e efímera que fale cos pantasmas presentes en San Simón. Pensar entre todes unha posibilidade de memoria e reparación que non obligue aos espectros a manifestarse baixo a fría luz da lupa forense nen moito menos exorcizalos baixo o silencio burocrático e administrativo. Senón que, como nos ensina Avery Gordon en "Ghostly Matters" explorar cómo podemos aprender a falar con eles, aprender como falan e así comprender a complexidade do seu mundo vital, os seus desexos e perspectivas. 

Imaxe Antonio Giráldez López

Antonio Giráldez López

Antonio Giráldez López

Antonio Giráldez López (Lugo, 1990) é investigador e editor periférico. O seu traballo céntrase na construcción política do espazo e a paisaxe, atravesándoo dende a memoria, a espectralidade e as ruinas da modernidade infraestrutural. Actualmente é investigador posdoctoral contratado na Universidade de Santiago de Compostela (CISPAC-HISTAGRA). En paralelo co-dirixe Bartlebooth, editorial en torno ás prácticas espaciais críticas contemporáneas.