Asoballada por fentos

Asoballada por fentos aparece como póla dunha investigación en arte máis alá da academia. Unha estrofa de romance galeguista, acompañada de pandeireta e trompeta falanxista. 

A partir da práctica artística e da investigación de Álvaro Corral Cid, este proxecto preséntase coma un estudo simbiótico entre arquivo e performance, unha práctica que nace xunto co acompañamento musical de Gabi Reboredo. Un procesual convite a ler con outros ollos os materiais da nosa memoria folclórica; un punto intermedio entre muiñeiras, bordados, noticiarios cinematográficos e ditadura. 

Deste xeito, Asoballada por fentos parte dunha traxectoria que reflexiona arredor dos arquetipos rexionais franquistas e os espectros que proxectan sobre os nosos modos contemporáneos de reproducir culturas enxebres. Un lugar dende o que condensar un estendido proxecto que versa sobre a construción do arquetipo folclórico galaico durante o réxime de Franco, nun panorama global que explora o intrusismo das políticas autoritarias sobre as identidades en España e as súas expresións tradicionais. Exposicións procesuais nas que ofrecer renovados modos de comprender e estudar a herdanza social dos materiais da nosa historia recente. Un esquema capaz de encarnar unha era na que a violencia impregnaba a artesanía, o baile xeraba política e a beleza coexistía con longas sombras da opresión.
 

Imaxe Asoballada por fentos

Álvaro Corral Cid & Gabi Reboredo

Álvaro Corral Cid & Gabi Reboredo

Álvaro Corral Cid  (Ourense, 2000) es artista e investigador. Se gradúa en la Universidad Complutense de Madrid en Bellas Artes y obtiene el Máster en Investigación en Arte y Creación en la misma universidad. Sus estudios y prácticas artísticas proponen nuevos puntos desde los que repensar nuestras epistemologías canónicas; desde un tórculo, un manuscrito polvoriento o un chaleco. Juntando imágenes, rebuscando en archivos y observando los significados hasta el fondo.