Do outro lado

Do outro lado é un proxecto de investigación escénica sobre o ecoloxismo, a comunidade e a súa descomposición no rural, que conta coa colaboración do colectivo Memoria e Cinema e coa compañía de teatro Mevadeus.

A canteira que abriu o monte de Traspielas é o símbolo do que parten para profundizar nas consecuencias que esta ferida ten dende o máis persoal ata o máis global, reflexionando sobre o concepto de habitar nun sentido amplo, poñendo o corpo e o audiovisual como ferramentas de traballo. Do outro lado indaga en cómo o capitalismo se introduce na clase campesiña, desfacendo a comunidade e a súa capacidade de autosuficiencia para converter a esas persoas en entes individuais que entran a ser produtores e consumidores no mercado, invitándonos a reflexionar sobre a nosa forma de habitar o mundo na actualidade.

imaxe Do Outro Lado de Fran Rodríguez & Brais Pombo
imaxe Do Outro Lado de Fran Rodríguez & Brais Pombo
imaxe Do Outro Lado de Fran Rodríguez & Brais Pombo
imaxe Do Outro Lado de Fran Rodríguez & Brais Pombo
imaxe Do Outro Lado de Fran Rodríguez & Brais Pombo

Fran Rodríguez & Brais Pombo

Fran Rodríguez & Brais Pombo

O traballo de Fran Rodríguez céntrase na interacción entre o corpo e o entorno, usando como soportes o cine, a fotografía e o son. Móvendose nas fronteiras dos xéneros artísticos e cunha noción dun campo expandido das prácticas artísticas nas súas intervencións que empregan dende material de arquivo ata a súa propia metraxe. Actualmente está realizando a súa primeira longametraxe, Da túa man para a miña, xunto con Coral Piñeiro, e coa produtora Miramemira.