Ius Osculi

Un ano máis, ampliamos o Encontro Paraíso co desenvolvemento de varias residencias de investigación na propia illa nas semanas anteriores á convivencia. Nesta ocasión, en colaboración con Graner, o centro de creación de danza e artes vivas con quenes construímos dende 2017 unha relación contínua de colaboración entre Galicia e Cataluña. As artistas que habitarán a illa en 2024 son Mar García & Javi Soler.

O imaxinario ao que se queren enfrontar é o Ius Osculi ou dereito de bico que permitía, na Antiga Roma, que tanto o marido como os familiares varóns próximos á muller "honesta" (pais, irmáns e curmáns) puidesen bicala para asegurarse de que o seu alento non cheiraba a viño, pois o consumo de viño estaba prohibido para as mulleres, porque se consideraba que podía inducilas ao adulterio e que tiña propiedades abortivas.

En torno á acción de bicar por si mesma xorden algunhas cuestións previas que poderían trasladarse á creación e experimentación escénicas. Unha delas prantexase en relación co significado da acción de bicar en escena, ou cuestionase de que formas o movemento e o son poden facer variar dita acción ou o seu significado. Do mesmo xeito, aínda que a acción de bicarse se produce entre dúas persoas, tamén nos preguntamos de que forma recibe esa acción o espectador. Algunhas das cuestións en torno a esta vía de investigación poderían ser de que formas se pode transformar a percepción dun bico escénico, en función da forma, a duración ou o significado que se pretenda. Ou se hai algunha forma de que un bico en escena se perciba cun significado verdadeiramente real, como si podería selo o cheiro ou a dor, ou só como unha acción crúa desprovista de significado ou realidade.
 

imaxe Ius Osculi Mar García & Javi Soler
imaxe Ius Osculi Mar García & Javi Soler
imaxe Ius Osculi Mar García & Javi Soler

Mar García & Javi Soler

Mar García & Javi Soler

Mar García, graduada en Coreografía e Interpretación polo Institut del Teatre (IT) e graduada en Psicoloxía pola Universitat de València, e Javi Soler, graduado en Dirección de Orquestra pola Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) e Mestre de Educación Primaria pola Universitat de València, son unha compañía motivada pola investigación e creación escénica en torno ás posibilidades de relación e transversalidade entre o movemento e o son, ambos como protagonistas da acción.