Mano Dura

MANO DURA é un paso máis no noso proceso educativo particular. Pregúntome se a escena tamén pode ser o lugar do educativo desde esta posición, non desde a educación, a ensinanza, a pedagoxía, senón desde atravesar coa familia o proceso creativo mesmo. E expoñer o educativo a xuízo desde a propia crise familiar que atravesamos.

MANO DURA pretende precisamente experimentar, cuestionar, estrañar cunha clara intención de detonar cambios, de axitar as mentes, de poñer o artístico ao servizo do aprendizaxe para poñer o artístico ao servizo do crecemento, como ferramenta para enfrontar situacións complicadas, usar o xogo para a vida.

Alberto Cortés

Alberto Cortés

Creador malagueño, formado en Dirección de escena e Dramaturxia e Historia da arte. A súa inquietude por atopar as conexións entre as artes escénicas e as artes plásticas empeza a atopar sentido a través do seu traballo como director. En 2008 funda a compañía Bajotierra xunto á actriz Alessandra García. Desde ese momento o teatro convértese nun impulso e nunha escusa para traballar a contaminación e a remestura.

Cris Vilariño

Cris Vilariño

Nacín en Lugo. Uso o apelido da miña avoa porque si. De pequena quería ser Raffaela Carrá e organizaba espectáculos para os meus peluches no salón da miña casa. Fun de movemento continuo, hoxe estaría medicada.

Bailei moito. Regaláronme unha Kodak Instamatic na miña comuñón e espremina ao máximo. 

Non sei como o meu pai convenceume para estudar Dereito. Mantívenme dous anos antes de cambiarme a xornalismo onde me licenciei e fixen un posgrao de Fotoperiodismo.

Traballei de xornalista e fotógrafa.