The Miracle Worker

The miracle worker nace da necesidade dos membros da compañía de conectar cos seus lugares de orixe. Recordar, reimaxinar, reescribir, revivir... só ten sentido se volvemos a onde todo comezou. Despois de saír da terra e formarse e madurar como artistas fóra dela, lonxe das súas familias e raíces. The miracle worker busca crear xuntos coa idea de estar en escena, de activar co corpo este dispositivo milagroso que permite recordar, revivir e continuar vivindo. Busca armar un dispositivo escénico capaz de seguir obrando o milagre, traballando os conceptos de fogar, familia, recordo, perdón, reinterpretación, representación, culpa e milagre dende unha perspectiva física. Contrastando o traballo co vídeo en directo en espazos non convencionais.

The miracle worker é un proxecto de creación da compañía madrileña Desgarradura que nace da necesidade de conectar co lugar de orixe, despois de saír da terra e formarse e madurar fóra dela, lonxe das súas familias e raíces, coa intención de construir un dispositivo escénico capaz de imaxinar o milagre do reencontro. 
 

Desgarradura - Víctor Longás & Lucas Ares

Desgarradura - Víctor Longás & Lucas Ares

Lucas Ares (actor, bailarín e creador escénico) e Víctor Longás (escenógrafo, artista plástico e creador escénico) coñécense no contexto da Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid en 2017 e comezan a traballar xuntando as súas visións afíns sobre a escena en diferentes proxectos.