Idoia Zabaleta
Idoia Zabaleta
Coreógrafa. Na Facultade de Bioloxía especializouse en ecosistemas e dinámica de poboacións. Estuda nova danza e improvisación nos anos noventa. Desde o 2000 crea o seu propio traballo e desde 2008 constrúe e codirixe o espazo de residencias artísticas Azala, situado na aldea onde vive ao sur de Álava, Lasierra. Desde 2019 forma parte do equipo editorial de Borradores del futuro, unha colección de fábulas que imaxinan o futuro a partir de experiencias concretas. En 2023, a cooperativa de artistas Tractora publica Foku 2, unha mirada sobre a súa traxectoria artística.