O Encontro Paraíso Illa San Simón é a cita anual do programa Residencias Paraíso que terá lugar entre o 20 e 22 de setembro de 2024 en Illa San Simón (Pontevedra).
O encontro, participado por todos os artistas Paraíso 2024 e por numerosos profesionais convidados de dentro e fóra de Galicia, está pensado principalmente para compartir os procesos artísticos en residencia desenvolvidos durante o ano e para xerar unha espazo de coñecemento conxunto.
Ademais, nesta oitava edición continuamos coas residencias na propia Illa San Simón nas semanas previas á convivencia, que este ano traerán aos artistas nacionais Mar García & Javi Soler.
Unha convivencia de tres días para nos atopar na intimidade dunha illa tan singular como a de San Simón.
Grazas por facelo posible.