Encontro Paraíso Illa San Simón 2026

Encontro Paraíso Illa San Simón é a cita anual do programa Residencias Paraíso que terá lugar entre o 18 e 20 de setembro de 2026 na Illa San Simón (Redondela, Pontevedra).  

O encontro, no que participan todos os artistas Paraíso 2026 e numerosas profesionais convidadas de dentro e de fóra de Galicia, está pensado para compartir os procesos artísticos en residencia desenvolvidos durante o ano e para xerar un espazo de coñecemento conxunto.  

Ademáis, nesta décima edición continuamos situando varias residencias na propia Illa San Simón de dez días de duración, con tres artistas convidadas.      

O encontro procura atoparnos na intimidade dunha illa tan singular como a de San Simón para unha convivencia intensa e, ogallá, moi nutritiva para todas as artistas e profesionais convocadas.  

Grazas por facelo posible.

 

Imaxe Encontro Paraíso Illa San Simón 2026

Antonio Giráldez López con 36 litros de gasolina diarios
Illa San Simón

Lara Brown con Tórtola Valencia, pienso en ti con mis manos
Illa San Simón