HIPERESPAZOS. A CASA FÓRA DA CASA.

Ao longo destas xornadas, e dentro do proceso de repensar os usos dos espazos e equipamentos institucionais existentes na nosa cidade, coñeceremos certos exemplos inspiradores da península que funcionan de xeito innovador arredor do concepto de residencia artística, da planificación e uso integral de espazos culturais e socio-comunitarios e da aposta de cada territorio polo seu talento artístico e polo desenvolvemento da súa creatividade.

Queremos imaxinar alén do que coñecemos. Queremos comezar a bosquexar xuntas un horizonte aberto, libre e plural para a convivencia e o desenvolvemento creativo dentro dos nosos equipamentos, un horizonte sustentable e digno que serva tamén como garante das condicións materiais, económicas e de vida dos axentes relacionados ca cultura no noso territorio. Comecemos unha travesía cara o hiperespazo.

O hiperespazo defínese pola súa falta -ou imposibilidade- de definición. É o misterio, o infinito sen fronteiras onde podemos reinventarnos ou repensarnos. A páxina ou o lenzo en branco, o escenario baleiro, o espazo en silencio. É un lugar disposto á experimentación, a que aconteza nel o descoñecido. Dentro do hiperespazo atopamos máis que unha relación espazo-tempo. Atopamos outras moitas dimensións e capas, magnitudes máis intanxibles como os afectos, o acompañamento, o coidado, a flexibilidade, e tantas outras por revelar. É un espazo baleiro, flexible e aberto, disposto a ser habitado de tal xeito que poida darse ese paradoxo tan especial e inspirador: o de sentirse como na casa, aínda estando fóra da casa.

Durante as xornadas, ademais de achegarnos aos universos particulares de proxectos e persoas convidadas –que compartirán a súa experiencia dende bibliotecas, centros cívicos e sociais, espazos culturais, residencias artísticas, espazos auto-xestionados… – propoñemos unha viaxe conxunta a eses universos comúns polos que é preciso transitar para construír un proxecto innovador, dinámico, aberto, participado, integrador e sustentable. Deste xeito, ao longo de tres días abriremos distintos espazos de aprendizaxe colectiva para imaxinar xuntas eses universos que configuran o hiperespazo: as persoas (equipos e usuarias), as estruturas administrativas e xurídicas, os afectos, os recursos económicos, os recursos técnicos e materiais, o diálogo co contexto, e os criterios e identidade propias.

Programa das xornadas.

21, 22 e 23 de novembro de 2017.

A proposta Hiperespazos, que fai referencia de xeito simbólico á proxección e imaxinación do espazo que está por construír, permitirá achegar á cidadanía exemplos que funcionan de xeito innovador arredor do concepto de residencia artística, da planificación e uso integral de espazos culturais e socio-comunitarios, así como da aposta de cada territorio polo seu talento artístico e polo desenvolvemento da súa creatividade. Será a través da participación de persoal técnico de bibliotecas, centros cívicos e sociais, espazos culturais e autoxestionados ou promotor de residencias artísticas de diferentes municipios, co obxectivo de facilitar a aprendizaxe colectiva dos distintos universos que conforman o hiperespazo: as persoas, as estruturas administrativas e xurídicas, os recursos económicos, os recursos técnicos e materiais, os afectos, o diálogo co contexto ou a identidade propia.

máis info >

Relatoría e documentación de Hiperespazos.

Para todas as persoas que non puideron achegarse ás xornadas existen dous grupos importantes de materiais de consulta.

 

Por unha banda, os vídeos de documentación de cada unha das presentacións e dinámicas propostas nos universos -que dan conta testimonial do acontecido cas persoas participantes- e, pola outra banda, o exercicio de reflexión e análise que o grupo de relatores -Ania González, Horacio González e Enrique Lista- nos achegan no seu relato conxunto. Unha ferramenta marabillosa para seguer tirando dos fíos que apareceron durante Hiperespazos.

máis info >

23783737_370269033420152_6550509753976587278_o

23783737_370269033420152_6550509753976587278_o

23926518_370786713368384_177812718344715154_o

23926518_370786713368384_177812718344715154_o

23926511_370786043368451_3025390326437766668_o

23926511_370786043368451_3025390326437766668_o

23926620_370786586701730_7775355243926717014_o

23926620_370786586701730_7775355243926717014_o

23916722_370407460072976_3565467007057757707_o

23916722_370407460072976_3565467007057757707_o

23916687_370269456753443_3690790010591885133_o

23916687_370269456753443_3690790010591885133_o

23926486_370786653368390_6989276953809211385_o

23926486_370786653368390_6989276953809211385_o

23926441_370269280086794_4044192465396542653_o

23926441_370269280086794_4044192465396542653_o

23916673_370786766701712_7707987053794843231_o

23916673_370786766701712_7707987053794843231_o

23847478_370786823368373_8201794172564686132_o

23847478_370786823368373_8201794172564686132_o

23845974_370786143368441_5729757387730428146_o

23845974_370786143368441_5729757387730428146_o

23845905_370786313368424_1572954807898192785_o

23845905_370786313368424_1572954807898192785_o

23845629_370786646701724_418948958601371718_o

23845629_370786646701724_418948958601371718_o

23845532_370785966701792_3066749718187740074_o

23845532_370785966701792_3066749718187740074_o

23826053_370407353406320_3316446122295123649_o

23826053_370407353406320_3316446122295123649_o

23800301_370786230035099_5913495089091179527_o

23800301_370786230035099_5913495089091179527_o

23800288_370785963368459_7528340239586991011_o

23800288_370785963368459_7528340239586991011_o

23800269_370786886701700_2147879253606000103_o

23800269_370786886701700_2147879253606000103_o

23799882_370407566739632_292294575027213684_o

23799882_370407566739632_292294575027213684_o

23783755_370407510072971_6119830456732084527_o

23783755_370407510072971_6119830456732084527_o

23783699_370786680035054_5886286603491927623_o

23783699_370786680035054_5886286603491927623_o

23783466_370786503368405_5491446908484996182_o

23783466_370786503368405_5491446908484996182_o

23737760_370407280072994_8664803796262033511_o

23737760_370407280072994_8664803796262033511_o

23736389_370407376739651_8693096775042215999_o

23736389_370407376739651_8693096775042215999_o

23736191_370269353420120_5256952525058425999_o

23736191_370269353420120_5256952525058425999_o

> fotos Nela Fraga

máis info >