Cris Vilariño

Mano Dura 1
Mano Dura 2
Mano Dura 3
Mano Dura 4

Mano Dura

MANO DURA é un paso máis no noso proceso educativo particular. Pregúntome se a escena tamén pode ser o lugar do educativo desde esta posición, non desde a educación, a ensinanza, a pedagoxía, senón desde atravesar coa familia o proceso creativo mesmo. E expoñer o educativo a xuízo desde a propia crise familiar que atravesamos.

MANO DURA pretende precisamente experimentar, cuestionar, estrañar cunha clara intención de detonar cambios, de axitar as mentes, de poñer o artístico ao servizo do aprendizaxe para poñer o artístico ao servizo do crecemento, como ferramenta para enfrontar situacións complicadas, usar o xogo para a vida.

Programa educativo Graner

No mesmo ano que iniciamos o programa piloto de Residencias Paraíso 2017, nacía o primeiro Cruceiro Paraíso da man de Cris Vilariño que viaxou até Barcelona para coñecer o programa pedagóxico do centro de creación Graner.

Imaxe Cris Vilariño, Cris Alonso e Elena Carmona
Cris Vilariño, Cris Alonso e Elena Carmona en Graner

Cris Vilariño

Nacín en Lugo. Uso o apelido da miña avoa porque si. De pequena quería ser Raffaela Carrá e organizaba espectáculos para os meus peluches no salón da miña casa. Fun de movemento continuo, hoxe estaría medicada.

Bailei moito. Regaláronme unha Kodak Instamatic na miña comuñón e espremina ao máximo. 

Non sei como o meu pai convenceume para estudar Dereito. Mantívenme dous anos antes de cambiarme a xornalismo onde me licenciei e fixen un posgrao de Fotoperiodismo.

Traballei de xornalista e fotógrafa.

Fun nai. Dúas veces. Volvín bailar. Diplomeime en Danza Contemporánea no conservatorio mentres buscaba camiños que investigar. Danza Butoh, diferentes técnicas de improvisación, Body weather…

Participei como intérprete e creadora en diversos proxectos. 

Como docente gózoo moito, aínda que sempre creo que aprendo máis que ensino. Imparto/comparto clases regulares en Lugo e obradoiros onde sexa necesario.

Organizar cousas tamén me vén da infancia, dos espectáculos no meu salón pasei ás obras de teatro cos curmáns e de aí aos festivais de rúa, pequenos e en comunidade. En 2020 coordinei o ciclo Lugo en Danza. Impulsando os corpos presentes, a danza e o movemento constante.