Queixa (què volem aquesta gent)
A Triloxía de Naxos é unha investigación en tres linguas, tres xeracións e tres linguaxes artísticos distintos, sobre a pertenza, o desarraigo, a memoria e a vinganza. Parto da miña propia biografía coma filla de labregas de Chandrexa de Queixa nacida na modernidade urbana de Barcelona, e parto do borrado da nosa memoria a través de dúas expulsións: da familia en tanto que persoa queer, e da nación en tanto que bastarda. Na Residencia Paraíso 2023 quero construír, dirixida pola Gena Baamonde, unha conferencia performativa onde activar o arquivo desta pescuda dende a linguaxe escénica e das artes vivas e ver que ferramentas performáticas temos para por en cuestión os métodos de produción de ausencias do noso relato, das nosas corporalidades, das nosas memorias e do noso coñecemento pre-científico.
Brigitte Vasallo
Brigitte Vasallo (Barcelona, 1973) é filla d’unha familia labrega de Chandrexa de Queixa emigrada a Francia e, despois, a Catalunya. Sen estudios universitarios, é escritora, investigadora e docente, traballa sobre a construción de alteridade e sobre os procesos de destrución da vida labrega nos procesos da modernidade industrial na Europa do sur no século XX. Reivindica a súa identidade txarnega e marimacho. Publicou os textos en galego "Ler a Butler dende Chandrexa de Queixa" (na edición colectiva O cento voando, editada por Andrea Nunes e Ánxela Lema) e "Galicia é un lugar extraordinario" (na obra colectiva Galiza e o decolonialismo). Colabora co xornal Praza e con numerosos medios estatais. Coma dramaturga presentou "Drama en tres lamentos e un par de actos", parte da Triloxia de Naxos, e "Un cos (possible) i lesbià", coa co dirección da artista visual Alba Corral. Dirixiu o I Festival de Cultura Txarnega de Barcelona e da clases en universidades que non a aceptarían coma alumna.