Cía Masa Madre

Eco I. Aproximacións a un territorio vivo

“Eco I.Aproximacións a un territorio vivo” fala dunha relación de pertenza e de identificación transpersoal que traspasa os marcos establecidos polo noso entendemento. Voces que xa non están, arquitecturas que desaparecen, que manteñen a pesar de todo un cultivo vivo. Cultivo para ser "amasado" mediante o corpo e a voz.

Eco I trata de recuperar o patrimonio cultural material e inmaterial dunha zona do rural galego (Os Ancares) a través das artes vivas, partindo duns audios orixinais do canto de tradición oral da zona. O proxecto move e entoa a historia dun lugar, dunha xente, duns costumes a través dun formato contemporáneo.

Cía Masa Madre

Cía MASAMADRE xurde do encontro corpo-voz, territorio-sociedade, arquitectura-psicoloxía. Dende os seus ámbitos de formación e traballo, Paula Pintos (psicóloga) e Cristina Romero (arquitecta), investigan e interpélanse acerca destas cuestións, tomando o corpo e a voz como ferramenta e arquivo, abordando a relación co pretérito, a memoria e a contemporaneidade dun lugar.

Un encontro multidisciplinar que traballa a potencialidade destes binomios a través das artes escénicas como medio catalizador.

A materia versus o intanxible. Tomar o invisible para construir una realidade posible non invasiva.