CRL - Central Eléctrica está xestionada pola compañía portuguesa Circolando na cidade de Porto, dentro do seu proxecto contextual local. Nun espazo histórico para a cidade, Circolando reinterpretou este espazo desactivado para transformalo nun lugar vibrante e pulante de enerxía artística. Ao longo dos últimos 15 anos, levan traballando como axentes fomentadores para diferentes artistas, tanto nacionais como internacionais.
CRL - Central Eléctrica é un lugar onde os artistas e interesados poidan reunirse, pensar, colaborar, explorar e crear, xa sexa a través dos diversos programas de residencias ou a través dos seus ciclos e actividades de formación.
A colaboración con Colectivo RPM iníciase en 2023 co Cruceiro Paraíso de VACAburra.