Linha de Fuga

Imaxe Catarina Saraiva

Dentro da nosa rede de alianzas portuguesas atópase Linha de Fuga, na cidade de Coimbra. Da man da comisaria Catarina Saraiva, Linha de Fuga é unha estrutura de programación e difusión artística que pretende ser un axente activo no desenvolvemento de discursos críticos entre arte, cultura, política, educación e sociedade en conxunto con varios axentes locais e internacionais.

Linha de Fuga quere romper barreiras entre arte e coñecemento, experimentando formatos de produción, creación, investigación, formación e programación partindo dos contextos locais, pero sempre cunha perspectiva internacional. A súa principal actividade é o Laboratorio de Creación e Festival Internacional Linha de Fuga, que se realiza cunha cadencia bienal.
 

Sarao Studio con A mesa