A vergonza era verde e comeuna a vaca

A vergonza era verde e comeuna a vaca é un viaxe cara ao inconsciente. Un derrotero plagado de voces que se solapan, se interrumpen e incluso, se censuran. A investigación, que parte do linguaxe do movemento e da voz, comeza a esbozarse no seu TFG (UCM, 2023) da artista, titulado “¿Adónde vas, Alicia?”. Trátase dun diálogo a varias voces que ten lugar dentro da mente, durante o proceso de creación.

“Naive, é unha persoa inquieta, curiosa e desbordante de ilusión, debuxa océanos de posibilidades e non ten medo a surcar cada unha delas. Tamén, é a que menos protagonismo ten dentro do TFG, sempre opacada e limitada polo resto de voces.”
A artista pretende encarnar esta personalidade durante o proceso de creación dunha peza curta de danza. Naive permítelle trazar novos imaxinarios, surcar novos mares que se alonxen das lógicas racionais que dominan o mundo. Ser todo aquilo que desexe experimentar.

O título, A vergonza era verde e comeuna, refírese a un refrán popular galego. A vergoña é un sentimento profundamente arraigado á censura e á idea de corrección ou norma. A artista busca darse o permiso para desfacerse dos límites, dentro dunha creación que busca transcender barreiras internas e externas, dialogar co contexto e deixarse afectar por el, habitando as súas múltiples peles e deixando falar a todas as voces. Ademais, atopará na danza tradicional, unha conexión co ritual e un achegamento a unha memoria ancestral que hoxe en día segue moi presente na xente nova galega.

 

Este Cruceiro Paraíso é posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña
 

Imaxe Alicia López Méndez

Alicia López Méndez

Alicia López Méndez

Alicia López Méndez (1998) é bailarina, performer, artista visual e directora de cinema documental nacida en Santiago de Compostela (Galicia). Graduada en Belas Artes (UCM, Madrid) en 2023. Actualmente, está a realizar un curso de Dirección Audiovisual na Escola 35mm. Reside en Santiago de Compostela.