Mediación artística

No ano 2024 abrimos un novo eixe de acción que pon no centro a mediación artística dirixida a comunidades, cun primeiro proxecto en colaboración co Concello de San Sadurniño e co apoio da Fundación “la Caixa”.
 

Cartaz Atoparnos en San Sadurniño

Atoparnos en San Sadurniño é un proxecto en varias fases a realizar entre 2024 e 2025. 

Nas primeiras fases se desenvolve un proceso de mediación cun colectivo de persoas maiores en situación de soidade non desexada coa intención de xerar un contexto de confianza que faga identificar os seus saberes, coñecementos, desexos e necesidades comúns.

A partir desde proceso, un equipo artístico convidado entrar a formar parte do proceso nas seguintes fases, para deseñar, de maneira colectiva e coa participación destas persoas maiores, un dispositivo artístico de artes vivas que contribúa a xerar novos vínculos entre elas, impulsando novas relacións significativas e duradeiras.