Aberta convocatoria a artistas ata o 10 de setembro!

Convocatoria artistas locais / remezcla popular

Aberta convocatoria a participantes ata o 27 de setembro!

Convocatoria participantes / remezcla popular

JASTAS PISTA

mover o corpo para mover o mundo

JASTAS PISTA é un conxunto de accións a desenvolver no barrio de Montealto da Coruña, coa vontade de involucrar á comunidade dese barrio en actividades relacionadas coa danza e co corpo en movemento dun xeito lúdico, educativo e participativo.

Como non podía ser doutra forma nun proxecto nacido en Colectivo RPM o eixo fundamental do que brota JASTAS PISTA é a vontade de normalizar a danza contemporánea na nosa sociedade.

 

Un dos pilares que por consecuencia derivan desta vontade de integración pasa pola educación e a transmisión de coñecemento. Ademáis, a nosa forma de mirar confía en que achegando a danza dun xeito experiencial aos nosos veciños e veciñas poderemos atopar unha maior e mellor resposta. Tanto é así que nas accións plantexadas a participación é fundamental, os contidos aparecen gracias á comunidade.

 

Por outra banda, este proxecto soña ca idea de recuperar a praza, o espazo público, como campo de batalla comunitario. Unha batalla figurada na que converter a praza en pista de baile, recuperando a súa vez a forza da experiencia colectiva.

O deseño de JASTAS PISTA para esta ocasión o dividimos en tres bloques de contidos relacionados entre si: Let’s Dance, Remezcla Popular e Maratón Jastas Pista.

1/ LET'S DANCE

domingos de outubro no Campo da Leña

Let’s dance son unha serie de encontros que faremos todas as mañás dos domingos do mes de outubro no Campo da Leña. Encontros onde activaremos o corpo de forma colectiva a través do movemento nunhas sesións guiadas por dous profesionais da creación e a pedagoxía aplicada á danza.

 

As sesións suceden en domingo pola mañán para favorecer a participación interxeneracional e están abertas á participación de xeito amplo sen necesidade de experiencia previa.

 

A coordinación das sesións faise en colaboración entre dous profesionais locais ca vontade de misturar aos distintos axentes profesionais do territorio nunha práctica guiada en conxunto.

 

  • domingo 1 de outubro - Armando Martén (artista convidado) e Andrea Quintana (colectivo RPM)

  • domingo 8 de outubro - Cristina Montero (artista convidada) e Alexis Fernández (colectivo RPM)

  • domingo 15 de outubro - Ánxela Blanco (artista convidada) e Félix Fernández (colectivo RPM)

  • domingo 22 de outubro - Iván Marcos (artista convidado) e Caterina Varela (colectivo RPM)


Todas as sesións son de 11.30  a 13.30 horas no Campo da Leña.


Para participar agradecémoste se podes enviar un mail a rpmcolectivo@gmail.com na mesma semana de cada encontro.

2/ REMEZCLA POPULAR

xoves e sábados de outubro no Centro Cívico de Montealto

Remezcla Popular é un proceso de creación cunha comunidade non profesional da cidade, pilotado por un/unha artista local e tendo como motor creativo a reinterpretación dunha peza fundamental da danza contemporánea galega.

 

O obxectivo desta acción non é outra que a de facer vivir un proceso de creación a unha comunidade non profesional da cidade ca vontade de transmitir as lóxicas da creación contemporánea aos nosos veciños e veciñas. Ao mesmo tempo, poñer en valor a creación contemporánea galega visibilizando as potencias dos/das creadores/as galegos/as dun xeito creativo e pedagóxico que achega os procesos creativos á cidadanía nun exercicio de xerar contexto e normalizar estas prácticas na sociedade.

 

O punto de partida para esta remezcla popular é a obra “Cara Pintada” da creadora galega Janet Novás. Unha peza referencia da nosa historia máis recente, creada no ano 2010, e que tivo e ten un intenso percorrido por diferentes festivais e espazos escénicos de xeito internacional. “Cara Pintada” foi ademais a primeira peza dunha triloxía que continuaba cas pezas “Who will save me today?” e “Si pudiera hablar de esto no haría esto”. Tres propostas cunha Janet en solitario na escea que perfilaron a súa especial identidade como artista. Tomamos esta peza como motor desta remezcla ca vontade de achegarnos ao seu traballo dun xeito creativo e respetuoso e dámoslle as grazas pola xenerosidade de acompañar esta aventura impredicible.

 

O periodo de traballo plantéase nun total de 8 sesións de dúas horas de duración cada unha, no Centro Cívico de Monte Alto, nos sábados 30 de setembro, 7, 14, 21 e 28 de outubro de 17 a 19 horas e os xoves 5, 19 e 26 de outubro en horario de 18.15 a 20.15 h. O traballo realizado polo grupo mostrarase no Campo da Leña dentro do Maratón Jastas Pista, aberto a toda a veciñanza, o domingo 29 de outubro entre ás 11.30 e as 13.30 horas.

O artista seleccionado para pilotar a remezcla popular é Leodán Rodríguez, bailarín e creador cubano afincando en Santiago de Compostela cunha forte traxectoria no eido das artes do movemento.

A convocatoria para formar parte do grupo que formará parte do proceso está aberta ata o 27 de setembro.

3/ MARATÓN JASTAS PISTA

domingo 29 de outubro no Campo da Leña

Un concurso de baile por parellas para veciños e veciñas da cidade, co DJ Jas Processor, Areta Bolado como mestra de cerimonias e un xurado popular.

 

Maratón Jastas Pista é o colofón do proxecto, a parte máis lúdica. Un concurso de baile por parellas onde terán que bailar as diferentes propostas musicais do DJ convidado, Jas Processor, xunto a Areta Bolado, como a profesional convidada que dinamizará as dúas horas que durará este encontro. Usaremos a simboloxía clásica dos maratóns de baile: dorsais numerados, mesa de xurado e ambientación festiva (globos, guirnaldas…)

 

Un xurado popular, conformado por tres veciños ou veciñas da cidade,  obsequiará ás parellas máis dinámicas con suxerentes premios relacionados ca danza e o corpo.

 

Maratón Jastas Pista sucede o domingo 29 de outubro entre as 11.30 e as 13.30 horas.

 

Para participar só tes que mandarnos un mail a rpmcolectivo@gmail.com para inscribirte!