ARTISTAS PARAÍSO 2019

Por terceiro ano consecutivo escribimos este texto felices de poder apoiar o contexto das artes vivas no noso territorio a través deste programa de Residencias Paraíso. O certo é que cando naceu en 2017 como proxecto piloto custaba imaxinar que cumpriría tres anos con tantas artistas ao seu redor. Grazas a todas, a todas as que nos enviades un proxecto, a todas as que vos achegades ao Paraíso dun xeito ou doutro –artistas, persoas colaboradoras, espazos cómplices, estruturas coprodutoras–, é realmente bonito para nós poder estar en contacto tan de cerca con todas vós e poder mergullarse nos estupendos universos artísticos da nosa comunidade.

 

Por terceiro ano consecutivo escribimos este texto felices de poder apoiar o contexto das artes vivas no noso territorio a través deste programa de Residencias Paraíso. O certo é que cando naceu en 2017 como proxecto piloto custaba imaxinar que cumpriría tres anos con tantas artistas ao seu redor. Grazas a todas, a todas as que nos enviades un proxecto, a todas as que vos achegades ao Paraíso dun xeito ou doutro –artistas, persoas colaboradoras, espazos cómplices, estruturas coprodutoras–, é realmente bonito para nós poder estar en contacto tan de cerca con todas vós e poder mergullarse nos estupendos universos artísticos da nosa comunidade.

 

Por outro lado, como en toda escolma, nunca é doado debuxar a fronteira entre o que se queda fóra e dentro do programa. Para este importante exercicio de selección, contamos coa colaboración de tres persoas convidadas: Sabela Mendoza (investigadora e xestora cultural galega), Roi Fernández (artista transdisciplinar galego) e Laura Kumin (directora da plataforma madrileña Paso a 2), que estiveron acompañadas por Caterina Varela e Félix Fernández, como artistas e socias fundadoras de Colectivo RPM.

 

Compre sinalar que unha vez máis a convocatoria foi escoitada por un numeroso volume de artistas que traballan no eido das artes vivas máis contemporáneas, con traxectorias mixtas entre a danza e as artes performativas e con bagaxes que veñen dende a propia práctica coreográfica ata as artes visuais e sonoras. Esta enorme diversidade que atopamos en cada unha das convocatorias é unha mostra do inclusivas, expandidas e dialogantes que están sendo hoxe en día as artes vivas e do movemento.

 

Aumentou neste ano a presenza de proxectos de fóra do noso territorio, o que nos fai pensar que cada vez máis se dirixe a mirada do panorama nacional cara a Galicia. Dalgún xeito, a sensación que temos é de que cada vez máis o ecosistema cultural español mira cara a comunidade artística galega, unha comunidade que impulsa tanto proxectos propios como iniciativas independentes comprometidas co sector que están alimentando enormemente o noso contexto particular.

 

Como sinalamos en anos anteriores, a selección do grupo de artistas en 2019 tamén tentou acadar un equilibrio xusto entre traxectorias máis consolidadas e o impulso a proxectos máis novos, así como balancear proxectos con distintas linguaxes e campos de actuación, acentuando as fases tanto de investigación como de creación. Polo tanto estes 10 proxectos seleccionados non podemos velos de xeito individual, senón entendelos como parte dun grupo que pretende unha certa coherencia colectiva. Dito isto, quedáronse fóra da selección moitísimos proxectos de gran interese e pertinencia aos que lles desexamos atopen o apoio necesario para que poidamos gozar deles no noso contexto máis próximo.

Trala xornada de análise e posta en común dos proxectos presentados á convocatoria de Residencias Paraíso 2019 decidimos seleccionar de xeito preferente ao seguinte grupo de artistas:

 

  • Berio Molina e Macarena Montesinos co proxecto “Manifesto Piqui Piqui, en residencia na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e cunha cuantía de 1.700 euros.

  • Colectivo LAG (Lara Buyo e Ana Corujo) co proxecto “Libertad Condicionada”, en residencia no Vello Cárcere de Lugo e cunha cuantía de 1.500 euros.

  • Compañía Elahood (Julia Laport e Sabela Domínguez) co proxecto “Análise da “feminidade a través do Waacking”, en residencia no Auditorio Municipal de Ourense e cunha cuantía de 1.500 euros.

  • Compañía Prácido Domingo (Fran Martínez, Belén Bouzas e Diego M.Buceta) co proxecto “Pentecostés”, en residencia no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e cunha cuantía de 2.100 euros.

  • Incendiaria (Davide González) co proxecto “Microspectivas dun marica millennial”, en residencia na Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta de Santiago de Compostela e cunha cuantía de 2.100 euros.

  • Matías Daporta co seu proxecto “Bailarina Croma Mockup”, en residencia no Pazo da Cultura de Carballo e cunha cuantía de 1.900 euros.

  • Manuel Parra / Proxecto Pank con “imaxe 5 X 3.5”, en residencia no Pazo da Cultura de Narón e cunha cuantía de 1.900 euros.

  • Irene Cantero co proxecto “Los años luz”, en residencia na Igrexa Santa María da Madalena a través da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e cunha cuantía de 1.900 euros e aloxamento incluído.

  • Antes Collado co proxecto “Crisálida”, en residencia no Teatro Colón da Coruña e cunha cuantía de 3.000 euros.

  • Túlio Rosa co proxecto “Pico y pala: estrategia para los cobardes”, en residencia na Fundación Luis Seoane da Coruña e cunha cuantía de 2.600 euros.


Un total de 10 proxectos, para os que repartimos un total 20.000 euros, estarán residindo durante distintos períodos do ano nas correspondentes cidades galegas que debuxan o mapa do programa. Proxectos e artistas cos que poderemos relacionarnos moi activamente a través das súas programacións expandidas, oportunidades de diálogo coa comunidade, das que vos daremos boa conta ao longo do ano.

 

Moitas grazas a todas e benvidas ao Paraíso 2019!

A terceira convocatoria de Residencias Paraíso xa está aquí!

Residencias Paraíso inicia o seu terceiro ano de vida como programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia.

 

Un programa que sucede grazas a unha rede que atravesa de norte a sur o noso territorio a través da colaboración de espazos de distinta natureza, dende teatros ou centros de arte a facultades ou espazos non convencionais. Este exercicio de diálogo entre todas as partes –impulsores, coprodutores e espazos cómplices– é o que dota dunha identidade tan singular a este proxecto.

 

Un proxecto nacido no corazón de Colectivo RPM e que día tras día é un pouco máis de todas. Unha suma de forzas que fai posible que na súa terceira edición Residencias Paraíso abra a convocatoria para acoller ata 10 proxectos en residencia cun importe total de 20.000 euros.

A convocatoria está aberta ata o luns 11 de febreiro para artistas de todo o panorama nacional.

ABRE CONVOCATORIA (21/01/2019) - RESIDENCIAS PARAÍSO 2019