Laila Tafur

Laila Tafur Santamaría
Laila Tafur Santamaría en escea

Carne de canción

Carne de Canción: nesta peza poño en crise lugares centrais que salvagardan o saber, a academia ou universidade, que traballan maiormente na acumulación de datos, ademais de privilexiar o saber teórico fronte ao encarnado. Necesítanse prácticas que produzan coñecemento desde o lúdico e pracenteiro; no meu caso aprópiome da disciplina musical e intento unha serie de exercicios caseiros, amateurs ou DIY que consigan aproximarme por unha banda á produción sonora e por outro á xeración de saberes. Estes pasan por cantar temas de Whitney con letras de Ranciere, ler contratos de traballo ou convocatorias e as súas cláusulas legais cal canto gregoriano, musicar cun Casio unha conferencia a tempo real. E si, se formas parte dunha élite, como é o caso cando te dedicas á danza contemporánea, e atopas pracer en profundar nun saber específico, hai outro exercicio para investir xerarquías de poder. Pasar de tocar ao deixarse tocar de maneira que se practique a simetría entre a escoita e a vontade, entre a linguaxe e a carne e seguir poñendo en crise certos roles, invertíndoos, desdibuxando os límites.

Laila Tafur

Nacín en Granada e formeime como bailarina e coreógrafa nas escolas de Reykjavik, Lisboa e Barcelona. Cursei o máster MPECV do Reina Sofía e o PEI do MACBA, onde o interese pola danza virou cara ao seu lado máis gamberro e bastardo. Entre os meus traballos están A miña Arma, un western flamenco; Susobras, moi meta sobre a propia danza; Monstruo, do indecible ou salvaxe; Cobalto, unha marcianada híbrida creada xunto a Alba Rihe e Carne de Canción onde convive a aproximación amateur á produción sonora, co oficio de bailarina profesional. Traballei para Xavier Lle Roy, Janet Novás, Jerome Bel, Albert Quesada, Carmelo Fernández, Lipi Hernández, Vero Cendoya. Grazas a entidades como Masdanza, Certamen Coreográfico de Madrid, Graner, G. R.U.A, Sismograf Escena Poblenou, La Caldera, Barceloneta, Leal Lav, Espaço do Tempo, ADF, Pradillo, Residencias Paraíso, CA2 M ou La Casa Encendida fixéronse todas estas pezas materialmente.