Alejandra Pombo Su

Retrato en blanco e negro Alejandra
Ilustración toda a carne
Imaxes Toda a carne de Alejandra Pombo Su

Toda a carne

Toda a carne é un proceso no que a artista Alejandra Pombo Su traballará partindo da experiencia dos seus traballos anteriores coa voz, na procura de afondar na capacidade expresiva do berro como unha reivindicación da animalidade do ser humano.

Dende hai uns anos a artista Alejandra Pombo Su ven traballando coa voz a partir do berro. O seu interese no berro é poder experimentar con vocalizacións sostidas de alta enerxía que van máis alá do idioma e a información, pero que manifestan unha gran intensidade vital, precisamente polo feito de non resolverse en ningún valor semántico. Ven desenvolvendo un traballo de rexistros sonoros que conectan con formas primitivas, que poden recordar ó animal, sonidos maquínicos ou melismas de músicas tradicionais como o tahrir na música persa, ou a potresalica na música de Bosnia Occidental. De feito nalgunhas desas comunidades no din que van a cantar, senón a berrar.

Para este novo proxecto, Toda a carne, traballa partindo da experiencia dos seus traballos anteriores coa voz (No solo animal /Doble muda), nos que experimenta coas extensións e limitacións da voz en relación a un espazo determinado, non como unha voz incorpórea, o que significaría que a voz está divorciada do corpo, senón unha voz desprazada do corpo de forma que pode cambiar a forma en que estamos entendendo a voz en rela- ción a un corpo humano. Un proceso de transformación que relaciono co “devenir animal”. Gilles Deleuze e Félix Guatteri chaman o devenir animal, non a abandonar a humanidade para converterse nun animal non humano, senón en deixarse transformar por perspectivas non humanas, recoñecendo que os humanos somos tamén animais. É un devenir que ten que ver máis con sacar o animal que todos levamos dentro. A aparencia non cambia pero si a presenza, algo que non trata de transformar o corpo, senón que ten que ver máis co espacial, cos límites, cos contornos e como un se relaciona có que lle rodea. Non consiste por tanto en abandonar a humanidade para convertirse en animal, senón en deixarse transformar por perspectivas non humanas e recoñecer que os humanos somos tamén animais. Como di a artista Miriam Cahn: “O meu ser animal é a miña parte política”.

Alejandra Pombo Su

Doutora en Belas Artes cunha tese sobre os paradoxos da introdución da noción de performance na arte contemporánea, o seu traballo artístico móvese entre as artes plásticas, audiovisuais e escénicas. Obtivo o premio da I Call for Artists-in-Residence FMJJ 2021 e foi elixida artista en residencia en Bulegoa z/b (Bilbao), I-Park Foundation (Connecticut, EE. UU.), Atlantic Center for the Arts (Florida, EUA), PACT-Zollverein (Essen, Alemaña), La Casa Encendida, CA2M e o Ranchito en Matadero Madrid, entre outros. O seu traballo foi presentado en diferentes festivais, museos e centros de arte como o Museo Reina Sofía, Fabra i Coats, La Casa Encendida ou MUSAC. Dende 2021 forma parte do colectivo NEG (Nova Escultura Galega).