Artesa Cía Transmedia

ArtesaCia
ArtesaCia
ArtesaCia

Illas desertas

Cal foi a túa última experiencia inútil? 

Illas desertas é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior. É habitar, abrir, reencontrarse con eses terrirorios ignatos que nos habitan interiormente e que buscan salír á boia, cando a vida sacódenos, cando nace ese baleiro que o material non pode encher. Porque non roubarlle o tempo á morte con esta aventura? 

Artesa Cía embarca ao espectadoor nesta aventura a través dunha app.Sen esquecer o poético, íntimo e contemporáneo que existe nos seus traballos e continúa na busqueda de novas linguaxes escénicas; esta vez, para penetrarse na utilidade do inútil.

Artesa Cía Transmedia

Artesa Cía Transmedia (Roi Fernández Alonso e Laura Villaverde Carrera)

Compañía escénica de creación contemporánea.

Artesa Cía é unha compañía híbrida que mestura o cine e o teatro, debido á formación dos seus fundadores, Laura Villaverde, actriz e creadora escénica e Roi Fernández, artista multimedia.

A compañía funciona como un colectivo itinerante que serve como plataforma para colaboracións; locais, nacionais e internacionais. Sempre na busca de material inédito para as súas obras escénicas.

ArtesaCía fundouse no 2010 en NYC. Hoxe afincada en Galicia (Tui)

Por que é transmedia?

Porque os seus proxectos escénicos despréganse a través de múltiples medios tecnolóxicos e ferramentas narrativas

Como é o proceso creativo?

Cada proxecto e equipa é diferente, polo que cada proxecto conta cunha metodoloxía que se adecue as persoas, o material a mover e a unha creación horizontal.

Sempre intentamos comezar os procesos a través de residencias artísticas, e nutríndose contínuamente das colaboracions de cientistas, músicos, deñadores, bailaríns, cineastas, actrices actores.

Dotando os proxecto da súa característica multidisciplinar.