Berio Molina & Macarena Montesinos

Proceso de ensaios Berio Molina e Macarena Montesinos

Manifesto Piqui Piqui

Os artistas Berio Molina e Macarena Montesinos desenvolveron o proxecto Piqui Piqui.

Enténdese a residencia como un proceso experimental performático onde se poñen a proba por primeira vez moitos dos preceptos propostos no manifesto Piqui Piqui, adecuándoos á residencia.

Durante os días da residencia, respetando sempre o manifesto Piqui Piqui, levaron a cabo accións diarias, en calquera espazo público da cidade ou en calquera espazo privado aberto ao público, da vila de Pontevedra. Estas eran gravadas e publicadas nas redes a diario.

Berio Molina & Macarena Montesinos

 

Berio Molina

Centra a súa actividade no ámbito sonoro. Formou parte de diversos colectivos artísticos como o Colectivo de performance Flexo, o Colectivo de paisaxes sonoras e auralidade aumentada Escoitar. org, o Colectivo de creación escénica áIntemperie e do Fato bicéfalo Ohn, entre outros. É coadministrador xunto a Isaac Cordal de Netlabel Alg-a, selo na rede onde se publican traballos de audio experimental, e foi co-organizador do festival de novas tendencias IFI. Desde 1999, participou en diversas exposicións en lugares tan dispares como Teherán, Saraievo, Lima ou Montevideo. En 2017 publica o seu primeiro libro Setras.

 

Macarena Montesinos

Violoncelista, improvisadora, performer e investigadora no campo da arte sonora.

Artista de longa traxectoria, integrante de diferentes agrupacións de música contemporánea e experimental. A día de hoxe ten máis dunha ducia de discos publicados en selos discográficos europeos e americanos.

Así mesmo, traballou na composición e interpretación do espazo sonoro de propostas de artes escénicas e producións audiovisuais.