Estela Lloves

Estela Lloves
Estela Lloves 2

Sempreviva - A raíz da casa

"Sempreviva-A raíz da casa" desenvólvese nun espazo con 9 cadeiras que podería ser calqueira espazo. O espazo da nada nun tempo fóra do tempo, onde a persoa escénica xoga, vai adaptando o espazo ós seus impulsos e traxectorias, danzando entre os microespazos das cadeiras.Unha persoa escénica non definida nun paseo rítmico por preguntas sen resposta. Da nada xurde o xogo e na nada desfaise. Unha invitación parte da autora a través do seu ollar poético, pra facer partícipe ó espectador, deste tempo sen tempo, que non se da, senón que sucede, que está sendo.

Estela Lloves

Formada en danza contemporánea por Mónica Valenciano, en Butoh por Andrés Corchero e Hisako Horikawa., é tambén importante Elena Córdoba. En teatro Ana Vallés, Baltasar Patiño,Carlos Marquerie, Roger Colom. O traballo en escena procura sempre o diálogo, musicado entre luces e sombras, que xurde entre a presencia e o corpo en movimento da persoa escénica, sentando na base deste diálogo, a peza mesma.