Ex Architectures

Ex Architectures no proceso
Ex Architectures no proceso, montando o escenario
Ex Architectures no proceso, montando o escenario
Ex Architectures no proceso, montando o escenario

Performing Architectures

Performing Architectures céntrase na unión entre a arte escénica e a arquitectura. Nun sentido, isto explora cómo os obxectos arquitectónicos construídos poden volverse performativos e, noutro, como se pode performativizar os procesos arquitectónicos. 

Desta forma, experimentouse con formas efémeras de arquitectura e técnicas de deseño e construción improvisadas, estudando inicialmente formas rudimentarias de vivenda, fragmentos arquitectónicos e técnicas de autoconstrucción; co tempo preocupeime cada vez máis polas nocións fundamentais de soporte, estrutura e composición. Esta residencia é unha oportunidade para desenvolver aínda máis este traballo, respondendo directamente ao edificio do Sirius Arts Center, as instalacións existentes e os espazos recreativos/boscosos das inmediacións. Estou particularmente interesado en responder o traballo que Karl Burke introduciu previamente no edificio, xa que o seu traballo resona co meu. O proxecto parte da utilización de materiais mínimos (tea/corda/madeira) para experimentar coa creación, a documentación e o debuxo da arquitectura temporal e efémera.

Shelter

Shelter, en inglés, é unha palabra con dobre significado. Shelter refírese a aquilo que nos protexe, un obxecto ou lugar no que refuxiarse. To shelter, é a acción de refuxiarse, de protexerse diante, detrás, dentro ou debaixo de algo.

Shelter é a semente que xorde do imaxinario colectivo dun grupo de persoas na década dos vinte que crece nun período de crise: climática, económica, laboral, política, migratoria, europea... Shelter simboliza ese paso da universidade á idade adulta, a independencia, a comunidade, a intimidade, o espazo seguro no cal atopar a nosa voz. Este proxecto estruturase a través dun proceso de creación colectiva, un punto de encontro entre culturas e disciplinas que transita polo teatro físico, a arquitectura ou a performance para dar lugar a unha estrutura real, construída por nós, na cal contextualizar esta procura.

Antes de iniciar a residencia artística na Normal reflexionamos sobre o mecanismo de atopar unha estrutura acorde coas ideas que queríamos tratar: a precariedade, a ausencia dun fogar para unha xeración que non para de mudarse, as dificultades para saber quen queremos ser e mesmo quen somos, as nosas expectativas sobre a vida fronte á nosa realidade, as crises que nos rodean, a realidade europea contemporánea... Para incluír estes temas no noso Shelter, situamos a construción como eixo estructurador. A raíz da idea de construción, estrutura e deconstrución, tamén atopamos tres grandes conceptos para traballar en relación a cada unha das fases de construción;

Qué protexo? (Identidade)

Cómo me protexo? (Fogar)

De qué me protexo? (Crise)

As tres semanas das residencias paraíso foron o noso refuxio creativo e tamén espacial. O proxecto atópase actualmente nunha fase durminte, oxallá nun futuro podamos construir un novo Shelter.

 

Ex Architectures

Ex Architectures é a proposta profesional e artística de Alexander de Caires. O proxecto conta con tres liña de traballo principais; propostas de arquitectura especializada en construcións a pequena escala, deseño e construción de mobiliario a medida e investigación artística centrada na relación da madeira cos corpos e co espazo. A través de Ex Architectures, de Caires continúa o seu proceso de investigación achegándose ao escénico e ao performativo, convidando a David Alonso, Rebeca Ramos e Sabela Ramos, creadoras e performers, ao proceso de investigación Shelter. O artista/creador tamén realiza outra residencia baixo o paraugas de Colectivo RPM, en solitario, no Sirius Arts Center, co seu proxecto Performing Architectures.