Magí Serra

Imaxe Magi Serra

Cruceiro A Casa Vella

O creador Magí Serra estivo de Cruceiro Paraíso en A Casa Vella, unha colaboración tecida a través de Graner,  con quen mantemos un diálogo activo para establecer relacións sostibles e de longo percorrido.

Magí Serra estivo traballando no proceso de investigación e creación dunha nova peza, co título provisional "Codens", que é unha exploración coreográfica das diferentes densidades compartidas entre o corpo e a materia nun espazo onde o corpo e a imaxe se atopan. É un lugar dende o cal se cuestiona a relación co entorno civilizado e os seus límites.

Imaxe Magí Serra
Fotos Rubén Vilanova
Imaxe Magí Serra
Fotos Rubén Vilanova

Magí Serra

Barcelona, 1984

Creador, intérprete e artista de danza

Concluíu os seus estudos co postgrao "artista en práctica" en SEAD (Salzburgo).

Os seus traballos orbitan en torno a conceptos como fragilidade, detalle, apoio, risco e catarse, nunha busca de movemento no ámbito do partnerning, o ritmo e a tradición. Crea espectáculos tanto para salas como para rúas ou espazos non convencionais.

​As súas creacións foron estreadas en festivais como a Fira Mediterrània de Manresa, o Sismògraf, a Fira de Tàrrega ou a Caldera.

Colabora coa creadora e bailarina Anamaria KlajnŠČek no proxecto COSSOC e co músico Arnau Obiols no proxecto Brots Transhumants.

É un intérprete versátil que traballou con algúns dos creadores máis activos da escena catalá como Roberto Olivan, Roser López Espinosa e GN/MC. Algúns dos seus traballos foron premiados con diferentes premios e percorreran España, Europa e máis aló de Europa.

Estuda Feldenkrais e a Técnica Klein como apoio á súa práctica de movemento.