María Llanderas

María Llanderas

A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas

'A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas'' abraza o espírito inconforme da poeta Xela Arias e recolle o seu impulso de experimentación para poñer en diálogo poesía, artes vivas e teatro documento. Un percorrido fragmentario e incompleto polo Vigo dos anos oitenta a través da súa poesía e de testemuñas que compartiron cidade con ela. Unha investigación que escapa do rigorismo histórico e propón un achegamento vivencial á poesía e a memoria colectiva. 

No proxecto participan Violeta Martínez (espazo e iluminación) e Raquel Crespo (vestiario).

María Llanderas

Actriz, performer e creadora escénica. Habitualmente desenvolve o seu traballo en colaboración con outras artistas e colectivos en Galicia, Lisboa e Riga. Explora a intersección entre cidade-corpo-memoria e interésase pola autoficción como ferramenta para crear discursos poéticos e subversivos. Alén do formato escénico, crea proxectos de artes vivas en espazos non convencionais, instalacións e audioguías ficcionadas.