Pálido Domingo

Retrato Pálido Domingo

Pentecostés

“Ao chegar o día de Pentecostés, estaban todos reunidos nun mesmo lugar. De súpeto veu do ceo un estrondo como un refacho impetuosa, que encheu toda a casa na que se atopaban. Aparecéronselles unhas linguas como de lume que se repartiron e pousáronse sobre cada un deles; quedaron todos cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, segundo o Espírito concedíalles expresarse.”
Feitos dos Apóstolos, 2, 1-5
O que acontece en Pentecostés parece maxia. Pero non o é. Non é un milagre. Non é unha revelación. Non é nada importante que pasará á Historia. En realidade non é nada sumamente relevante. É fráxil. E é forte. É un fío de luz a través dun muro de pedra.
Pentecostés é querer ver. É un acto de fe.
Esta é a acción sinxela que Diego fai obsesivamente desde hai uns anos para reafirmar o seu apoio plantar e recolocar o seu centro.
Esta é a rutina que Fran repite día tras día. Pregúntase que é o que procura insistindo nestes movementos unha e outra vez.
Belén está empeñada en mostrar ao mundo unha imaxe de forza. Dúbida de se realmente é forte ou pensa que o é.
Accións. Prácticas. Rituais. Movementos que repetimos unha e outra vez, día tras día. Case sen cansarnos, case sen darnos conta. Unha liturxia pagá na procura dun instante.

Pálido Domingo

A comezos do verán de 2016, Belén, Fran e Diego comezaron o seu proxecto xuntxs que bautizaron co nome de prácido·domingo, co obxectivo principal profundar na linguaxe do corpo a partir da investigación nas técnicas interpretativas de adestramento físico ligadas ao Aikido, a danza contemporánea e ao teatro físico.

Este proxecto basea a súa actividade en dúas liñas de traballo fundamentais: a artística, por medio da creación e distribución de espectáculos no ámbito da creación contemporánea, e pedagóxica, impartindo cursos destinados á formación de creadores e creadoras vinculados á danza, ao teatro e ás artes do movemento.

Baixo este nome firmaron e deron a luz o seu primeiro proxecto escénico Non hai que ser una casa para ter pantasmas, estreado en decembro de 2017 no teatro Ensalle de Vigo. Foi recoñecido co 1º premio Xuventude Crea 2017 e co Premio da Crítica no 32º Certamen Coreográfico de Madrid 2018, e participou en festivais como CortoIndanza (Cerdeña), Corpo[a]Terra (Ourense) ou Migrats en Breu (Valencia) e en espazos como Sala Inestable (Valencia), Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ou Teatro Pradillo (Madrid).

No ano 2020, sendo conscientes e críticas coa actualidade que habitamos, e porque non somos sempre as mesmas persoas, encaramos esta nova etapa rebautizadas como pálido·domingo. Nese mesmo ano estrean o seu espectáculo Pentecostés e durante o 2021 dirixen Serbame Servabote, unha co-produción co Centro Dramático Galego.