Túlio Rosa

Ad Extra

Ad Extra é o nome do traballo resultante da investigación desenvolvida por Túlio Rosa e Beatriz Cantinho ao longo de 2019, que aborda a política da libre circulación dentro do espazo europeo (ad intra), en contraste coa política de endurecemento das súas fronteiras exteriores (ad extra). Partindo do ano 1989 como marco histórico, o proxecto propón explorar como, o legado das imaxes daquel período, así como o discurso político asociado a elas, pode servir de ferramenta para abordar críticamente o presente. 

A performance parte da análise dun conxunto de imaxes tomadas durante a caída do muro de Berlín, en contraste coas realizadas recentemente en Melilla, na fronteira entre España e Marrocos. A partir dunha serie de operacións coreográficas, a performance desprega e materializa no espazo a escala real de ambas as imaxes, producindo un diagrama visual que, cando inserido nun conxunto de conexións máis complexo – incluíndo niso o enfrontamento cos documentos e tratados europeos, procesos legais levados a cabo contra os Estados membros da UE así como os regulamentos e informes de Frontex –, busca expoñer un exercicio inherente de violencia cara 'o outro', e unha serie de prácticas de segregación sustentadas nas problemáticas nocións de pertenza e cidadanía.

O título do traballo, Ad Extra, significa cara a fóra, é unha expresión comunmente utilizada en contextos xurídicos para referirse aos efectos externos dunha norma adoptada por unha institución. No proxecto, ese termo vén a develar o desexo de investigar os efectos e consecuencias dos eventos de 1989, non soamente espacial e xeograficamente – a fragmentación de territorios e o fortalecemento de fronteiras externas –, senón tamén no tempo, propoñendo unha reflexión acerca dos efectos políticos dos discursos e imaxinarios que o fin da guerra fría inaugura, ben como os tratados e as lexislacións que produciu. 

Ad Extra (1989) empezou a ser creado na Fundación Luís Seoane, no marco das Residencias Paraíso (A Coruña, xullo/agosto 2019) baixo o título ‘Pico e Pala: estratexias para os covardes’, e seguiu o seu desenvolvemento no Kunstencentrum Vooruit ( Ghent, Bélxica, agosto 2019), na Mala Voadora (O Porto, Portugal, outubro 2019) e DT Espazo Escénico (Madrid, febreiro 2020). 

O proxecto tivo as súas primeiras presentacións públicas en febreiro de 2020, dentro da tempada 2019-2020 de DT Espazo Escénico, en Madrid, e foi posteriormente presentado na Mala Voadora, en outubro de 2020.

Ad Extra é un traballo de Túlio Rosa e Beatriz Cantinho en colaboración con Janaína Carrer e Ana Paula Camargo, con soporte de DT Espazo Escénico, Residencias Paraíso (Galicia) e apoio de Hosek Contemporary (Alemaña), Kunstencentrum Vooruit ( Gent, BE), Mala Voadora (O Porto, PT).

Túlio Rosa

Túlio Rosa e Beatriz Cantinho son coreógrafas e investigadoras que, tanto na súa práctica individual como conxunta, buscan articular a produción artística coas cuestións que emerxen no campo social e político. Ad Extra foi a súa primeira colaboración. Actualmente desenvolven o proxecto Arquivo Atlántico, que busca deconstruir, reconfigurar e cuestionar as narrativas e visualidades que caracterizan imaxinarios políticos e sociais de matriz colonial.