Ana Gesto & Edu Valiña

Retrato Ana Gesto e Edu Valiña
Imaxe Campo da Festa
Imaxe Campo da Festa 2
Imaxe Campo da Festa 3

Campo da festa

Campo da Festa, é un proxecto dos artistas galegos Eduardo Valiña e Ana Gesto no que traballarán coa Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia e con persoas do rural como performers necesarios para a construción dun relato paralelo doutra Compostela.

Esta aposta xurde da idea de integrar a unha parte da comunidade rural de Compostela nunha acción colectiva onde se crean relacións entre os artistas, os guías turísticos e os habitantes do ámbito rural.

A investigación céntrase nun territorio onde se abordan diferentes perspectivas arredor da identidade e a relación intrínseca entre as accións involuntarias dos seus protagonistas para dar valor a elementos aparentemente baleiros de contido.

O traballo baséase nun proceso de reflexión sobre a labor dos guías turísticos nun dos destinos máis demandados a nivel internacional. Para xerar unha interacción cos públicos do ámbito rural a través dos espazos, as vivencias, os lugares comúns e os propios obxectos que conforman un discurso afastado da guía establecida para o turismo masivo.

Este proxecto baséase no proceso de busca daqueles elementos que os seus protagonistas, as propias comunidades, destaquen como significativos dos seus territorios, para xerar discurso a través do diálogo aberto cos guías e os artistas.

Ana Gesto & Edu Valiña

Ana Gesto

Performer e artista visual. Estudou Belas Artes (2003-2008) na Universidade de Vigo e en San Carlesde Valencia (onde cursou performance con Bartolomé Ferrando)coa bolsa Sicue/Séneca. Becada pola SUG para estudos de Terceiro ciclo, Nova adxudicación e prórroga, 2009-2010. Formou parte do grupo de investigación “Resistencia e Materialización” da Universidade de Vigo dende 2008 a 2011.

Impartiu obradoiros de arte de acción e artes visuais en varias galerías, museos e escolas. Fixo performances en eventos de Arte de Acción e participou en exposicións individuais e colectivas a nivel nacional e internacional. Como en Art d’Acción (Valencia, 2009), Resistencia e materialización UPV/EHU (Bilbao, 2010), Epipiderme (Lisboa, 2011) Line Up Acción (Coimbra, Portugal 2011), Acción!MAD11 (Madrid 2011), Fem Corpología (Girona 2012) Galería Działań (Varsovia 2012) XIV INTERAKCJE 2012 (Polonia), Hydra. Küntlerforum Boon, (Alemania 2013),

Corporeidades Feministas en España (Costa Rica 2014), Arqueologías de lo íntimo (León 2014,Spain), Mujeres: territorios artísticos de resistencia. La Nau, (Valencia 2014), La Muga Caula (Cataluña, 2015), Alén dos xéneros MARCO (Vigo and Santiago 2017), Eschangue. Exchange Live Art (Salamanca 2018), Mulleres en acción: Violencia Zero. Acción colectiva con Ana Matey, Isabel León Guzmán, María Marticorena, tamén no Pao Festival 2019. ROM Kunst+Arkitektur (Oslo-Noruega 2019), Camiños Incertos, Fundación Camilo José Cela (Padrón, 2020), USCénica (Santiago 2021), Conversas arredor da performance (Universidade de Vigo, 2021), Culturgal, Violen-ciaZero (Pontevedra, 2021). Memoria e terra, Recolectoras, (Lugo 2022), Mujeres Dadá de Ediciones Canibaal (Valencia, 2022) , Plataforma. Festival de artes performativas (Santiago 2022), Cuerpo a Cuerpo. 6o encuentro de performance, música y vídeo, Palmas de Gran Canaria entre outras.

Ana Gesto é performer e artista visual e desenvolve o seu traballo ao redor das prácticas culturais e sociais de forte carácter identitario, onde o proceso é esencial e resólvese a través da presenza, o espazo, a materialidade dos obxectos e o seu son. Tende a usar a escultura como linguaxe e a experimentación acústica. Traballa con obxectos transmutados de gran valor simbólico e cos sons que o proceso produce. Incorpora a natureza non neutral do espazo nas súas accións, a cotío interactuando co público.

Edu Valiña

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Artista e comisario independente. Perante os anos 2001, 2002 e 2003 é co-comisario do Proxecto Procesalia para a USC no que participan artistas e institucións galegas, nacionais e internacionais. Asesor artístico e coordinador da galería Espacio 48 durante os anos 2002-2006 . Dirixe, comisaria e coordina durante os anos 2001-2006 a Bienal SACO Arte Contemporánea para o Concello de Sarria, Lugo. Realiza comisariados noutras institucións como Fundación Eugenio Granell, CGAC, Cidade da Cultura de Galicia, Fundación Luís Seoane, Museo Provincial de Lugo, Cultura Cádiz – Castillo de Santa Catalina, Centro Cultural Marcos Valcárcel, etc. Coordina proxectos en institucións como o Museo de arte contemporáneo Esteban Vicente de Segovia ou na Fundación Caja Burgos, entre outras. Na actualidade traballa como Conservador Xefe da Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela.

Comenza a expor a finais dos noventa, centrando o seu discurso en torno a identidade, a cultura rural,  a paisaxe humana e o territorio. Participando en diversas mostras individuais e colectivas, tanto en Galicia, a nivel nacional, así como en Portugal, Cuba, Bruxelas, Rumania…. Destacan as mostras o espectáculo da periferia levadas a cabo no Museo Barjola de Xixón e na Casa da Parra de Compostela no ano 2009.  Páramo no Museo provincial de Lugo no 2004.  Palafitos e Vender parcelas de ceo no coro da Igrexa da Universidade, nos anos 2000 e 2001. En 2010 participa no proxecto de Intervencións no medio natural da Ruta Fiz Vergara Vilariño. Louzara, Samos. Lugo. Participa en diferentes proxectos de intervención como Compañías convenientes para a Fundación Cela, ou en distintas edicións da Bienal Internacional de arte de Cerveira.

Colabora con diferentes iniciativas culturais, e presentou o seus proxectos en diferentes galerías, institucións e espacios culturais como DF, Espacio 48, Metro (Santiago de Compostela), Por amor a arte (Porto), LX Factory (Lisboa), Jääl Photo Madrid, Off Limits (Madrid), O Armacén (Porto), República das artes (Vilanova da Cerveira),  ou na under the subway video art night ( NY), entre outras.

Forma parte de diferentes convocatorias, xurados e outro tipo de propostas e iniciativas relacionadas coa cultura, eido académico e arte contemporánea como  Xuventude Crea 14/21, Premios Artesanía de Galicia 16-21, Premios da Crítica de Galicia 17, Festival Intersección.  Fundación Luís Seoane, A Coruña 18, Tribunal traballos fin de máster 18/19 Facultade BBAA Pontevedra, EAN 19/20/21/22- art follower. Cidade da Cultura. VI Congreso de xénero, arte, museos e Educación, Rede Museo Provincial de Lugo 19. Proxectos de intervencións artísticas para a ZonaC 21/22, A cultura é un dereito, Xornada X: diagnose e necesidades do museo local, Museo das Peregrinacións/ Deputación da Coruña, entre outras.