Antes Collado

Antes Collado no escenario
Antes Collado, danza

Crisálida

Paul Celan insistía na natureza dialóxica do poema (e por extensión, da arte), afirmando que o poema sempre está a vir, sempre rumbo cara a algo. «Cara a que?» —pregúntase. «Cara a algo aberto, ocupable, tal vez cara a un Ti alcanzable».

A pregunta que nos rolda desde o inicio é: que pasa cando este Ti non é alcanzable, senón que máis ben secouse, esqueceuse da súa capacidade esencial de escoita e acollida.

Perséguenos a pregunta sobre como ese Ti seco, un Ti quizais colectivo, podería conseguir preparar o seu mundo para poder acoller non só o coñecido, o noso esgotado presente, senón aquilo irrecoñecible que está por vir, polo que aínda non existen nomes nin imaxes.

Cun danzar titubeante, o contorno do humano se desdibuxa, fóxese, emborrónase, mutando elásticamente entre imaxes reconocibles e corpos por descubrir. Ante nós, vemos unha humanidade patética en proceso de disolución; acollendo, non a súa natureza, senón a natureza mesma, na súa condición catastrófica, ocupando o aberto, o fértil - devindo paisaxe.

Antes Collado

Creador escénico e bailarín de orixe castelán-manchego. Dende 2017 desarroia a sua propia práctica coreográfica coa que explora procedementos escénicos onde emborronar e expandir os contornos do corpo e a danza, coa motivación de acolher outros múltiples corpos que existen na esfera do espacial, o monstruoso e o poético. Interesado en por en diálogo diferentes técnicas e linguaxes artísticas de naturezas contrarias, e en tratar materiais dende unha mirada ficcional e poética. 

Formado de xeito autodidacta en bailes de salón deportivo, danza urbana e contemporánea e estudiou en paralelo Belas Artes e interpretación na ESAD de Valencia (ambos estudos inacabados). É instructor de pilates máquinas e práctico Ashtanga yoga mysore. Estas experiencias vértebras a sua maneira poliédrica de aproximarse ó xesto artístico. 

Presentou os seus trabalhos en contextos como a Bienal de danza de Venecia, festival Grec de Barcelona, festival Dansa-Valencia, festival Temporada Alta de Girona, a Quincena Metropolitana da danza de Barcelona, Festival Trayectos, American Dance Festival en US, festival Nuit Blanche de Bruselas, Cádiz en danza, Festival Sismògraf, Beijing dance festival e Jerusalem International dance week e en los Certámenes coreográficos Paso a dos e Distrito de Tetuán de Madrid.