En 2020 gravamos unha peza audiovisual documental sobre a comunidade de artes vivas da Coruña. Contou coa participación de 14 persoas da cidade vencelladas ás artes performativas e a danza que forman parte do fermoso e singular tecido que favorece a creación contemporánea neste territorio.
Isto non é Berlín é un retrato particular e subxectivo, dunha época e unha cidade, que mostra a pluralidade e efervescencia da escena do noso contexto máis próximo, que con todas as súas luces e sombras, conforman o noso capital artístico, o único que temos.
Coa apertura da nova web en 2023, facemos público o documental completo despois de terse estreado en 2020 no Centro Ágora, e presentado no Teatro Colón da Coruña no contexto da Programación Expandida TRC Danza 2021 e no Festival Herdanza de Santiago de Compostela en 2022.
Este proxecto gravouse en Normal, o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña.
Dirección: Caterina Varela, Félix Fernández e Alexis Fernández
Coa participación de Alba F. Cotelo, Alexis Fernández, Ana Beatriz Pérez, Andrea Quintana, Ánxela Blanco, Armando Martén, Caterina Varela, Estefanía Gómez, Félix Fernández, Javier Martín, Julia Laport, Kirenia Martínez, Sabela Domínguez e Sabela Mendoza
Edición e música: Félix Fernández
Agradecementos: Normal, Universidade da Coruña, IMCE, Concello da Coruña