Cruceiro Graner

En outubro de 2021, Fran Martínez e Diego M. Buceta, gozan dunha semana de residencia en Graner, Barcelona. Este espazo-tempo permítelles continuar traballando nas súas propias propostas neste espazo privilexiado que é Graner. 

Ademais de espazo de creación, ambos artistas participan no encontro de clausura de FF90, un laboratorio de encontro de artistas dunha mesma xeración (os 90). 

Unha oportunidade para coñecer o contexto da danza e as artes vivas en Barcelona e xerar novas sinerxias e encontros con artistas e xestores/as de diferentes estruturas da cidade. 

Fran Martínez

Fran Martínez

Nacín no Pirulí, como toda unha xeración de viguesxs, fai 34 anos. Fascinado polas posibilidades que despregan os proceso de creación, as preguntas que deixa no aire, os lugares da incerteza, o pensar a nosa relación co mundo a través do corpo que se move, a práctica compartida. Vivín en Vigo, Lisboa, Madrid e pasei tempadas en Bruselas, dando espazo ao desexo de bailar. Tiven a oportunidade de traballar con xente que quero e admiro e que alimenta este meu "affaire" coas artes do movemento.

Diego M. Buceta

Diego M. Buceta

Formeime en teatro e danza a través da academia. Agora continúo a miña aprendizaxe replantexándome a miña propia práctica, tratando de aliarme co tempo e con outras voces que, como a miña, imaxinan outras maneiras de facer. 

Creo cousas en torno ás artes do movemento e as artes vivas, só ou aliado con outros corpos. Dende fai uns anos, xunto a Belén Bouzas e Fran Martínez compoñemos baixo o abrigo de Pálido Domingo. Fora disto, cada encontro é unha oportunidade para seguir pensando xuntas e dar forma mediante o corpo a ditos pensamentos.